Panulirus cygnus

especie de crustáceo

Panulirus cygnus
Lagosta australiana

Espécime xuvenil de Panulirus cygnus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Achelata
Familia: Palinuridae
Xénero: Panulirus
Especie: P. cygnus
Nome binomial
Panulirus cygnus
(George, 1962)
Sinonimia
Véxase o texto

Panulirus cygnus é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados, infraorde dos aquelados e familia dos palinúridos, unha das integrantes do xénero Panulirus,[2][3] coñecida na bibliografía internacional como lagosta australiana (aínda que nas costas do sur de Australia vive outra especie de lagosta).

Individuo adulto agochado entre as rochas

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1962 polo zoólogo australiano, especializado en carcinoloxía, Ray W. George,[2] no seu traballo "Description of Panulirus cygnus sp. nov., the commercial crayfish (or spiny lobster) of Western Australia". Journal Royal Society Western Australia, 45-4 p.: 100–110. (Ver o artigo completo).

Sinónimo

editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie foi coñecida polo sinónimo:[2]

  • Panulirus longipes cygnus George, 1962 (protónimo)

Distribución e hábitat

editar

Distribución

editar

A especie unicamente encóntrase na parte oriental da rexión Indo-Pacífica, estando restrinxida a súa presenza principalmente á toda a costa oeste de Australia, entre o cabo Noroeste e a baía de Hamelin, ao sur (aínda que tamén pode atoparse nalgunhas illas de mar aberto).[1][4]

Hábitat

editar

As larvas de Panulirus cygnus viven nadando libremente no océano durante o primeiro ano da súa vida. Cando eclosionan dos ovos poden encontrarse atá os 1 500 km da costa. A medida que crecen, regresan á costa para vivir durante aproximadamente cinco anos nos arrecifes coralinos en augas duns 40 m de profundidade, ou menos. Despois deste período, migran cara a arrecifes máis profundos e afastados da costa. Durante esta nova etapa da súa vida, esta langosta encóntrase en profundidades de entre os 0 e os 90 m, e rara vez até os 120 m. Cando adultos, son de hábitos nocturnos, polo que durante o día refúxianse en fendas dos corais e das rochas, para ocultárense dos seus depredadores.[4]

Características

editar

As características físicas básicas desta langosta son: corpo cilíndrico, un par de ollos compostos, pedunculados e móbles, dous pares de antenas (as do primeiro par, pequenas, unirrámeas —anténulas—, e as do segundo birrámeas, unha de pequeno tamaño, e as do outro moi longas, máis que o tamaño do corpo), seis pares de apéndices pequenos ao redor da boca (maxilípedos) e cinco pares de patas torácicas (pereiópodos) para camiñaren.[5]

Panulirus cygnus ten unha masa duns 5 kg, e a máis grande citada alcanzou os 5,5 kg. A lonxitude media da súa casca é de 8 a 10 cm, pero o seu corpo acada de 9 a 11 cm de lonxitude nas femias ovíxeras (as que levan óvulos) e nos machos con espermatóforos.[4]

Importancia comercial

editar

A especie vive nas costas do oeste de Australia e é o produto pesqueiro máis importante do país, xa que representa o 20 % do valor da pesca industrial australiana, acadando un importe de 248 millóns de dólares australianos no períoso 2003-2004. A súa produción anual oscila entre as 8 000 e as 15 000 toneladas segundo os anos.[6]

Estado de conservación

editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), temd en conta que Panulirus cygnus se colleita en toda a súa área de distribución, ao longo da costa de Australia Occidental, e que os datos de captura por unidade de esforzo indican estabilidade no seu stock, xa que a pescaría está ben xestionada e introducíronse restricións apropiadas candose rexistrou unha diminución continua das súas capturas,e que hai importantes investigacións que garante que a súa pesqaría siga a ser sustentábel, cualifica o statua da especie co o LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Butler, M.; Cockcroft, A.; MacDiarmid, A. & Wahle, R. (2011): Australian Spiny Lobster. Panulirus cygnus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-3. Consultada o 17 de febreiro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Panulirus cygnus George, 1962 no WoRMS. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
  3. Panulirus cygnus George, 1962 ni ITIS.
  4. 4,0 4,1 4,2 Holthuis, L. B. (1991): "Marine lobsters of the world. An annotated and illustrated catalogue of species of interest to fisheries known to date". FAO species catalogue 13: 125. Roma: FAO.
  5. Poore, G. C. B.; Ahyong, S. T. & Taylor, J., eds. (2011): The Biology of Squat Lobsters. Melbourne: CSIRO Publishing and Boca Raton, Florida, USA: CRC Press. ISBN 978-1-4398-6614-6.
  6. Caputi, N.; Melville-Smith, R.; de Lestang, S.; How, J.; Thomson, A.; Stephenson, P.; Wright, I. & Donohue, K. (2008): "Stock Assessment for the West Coast Rock Lobster Fishery". Government of Western Australia. Department of Fisheries.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Chan, T. Y. (2010): "Annotated Checklist of the World's Marine Lobsters (Crustacea: Decapoda: Astacidea, Glypheidea, Achelata, Polychelida)". The Raffles Bulletin of Zoology. Supplement Nº 23: 153–181.
  • George, R. W. & L. B. Holthuis (1965): "A revision of the Indo-West Pacific spiny lobsters of the Panulirus japonicus group". Zoölogische Verhandelingen, Leiden, 72: 1–36.
  • Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): An updated classification of the recent Crustacea. Science Series, 39. Natural History Museum of Los Angeles County. Los Angeles, CA, USA.
  • Melville-Smith, R.; Thomson, A. W.; Caputi, N. (2004): "Improved forecasts of recreational western rock lobster (Panulirus cygnus) catches in Western Australia, by predicting licence usage". Fisheries Research 68 (1-3): 203-208.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar