O pan de figos é unha preparación típica da gastronomía española, aínda que tamén se pode encontrar en Portugal. A pesar de denominarse pan, non ten porque conter nin fariña nin trigo. Elabórase a partir de figos desecados formando estes unha pasta compacta e densa. Tamén se lle poden engadir outros ingredientes, como froitos secos ou froita cristalizada. Trátase dunha receita orixinalmente rural, talvez de orixe árabe, que se caracterizaba principalmente por cumprir dúas funcións: por un lado permitía a conservación duradeira dos excedentes de figos que se recollían nunha anada e por outro lado constituía un alimento enerxético moi útil á hora de realizar as duras tarefas do campo. Na España actual prodúcese e consómese pan de figos principalmente por deleite desta especialidade e, máis particularmente, durante as festas de Nadal e Aninovo.

Pan de figos.

Son famosos os pans de figo da provincia de Málaga, Comunidade Valenciana,[1][2] Andalucía e os da rexión de Murcia, pero tamén os de Fraga,[3] na provincia de Huesca, Aragón. Na provincia de Málaga é particularmente célebre o pan de figos da localidade de Coín, onde se prepara a base de figos pasos, améndoas, canela, cravo e anís.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar