Paleface
Paleface, pseudónimo artístico de Karri Pekka Matias Miettinen [1] nado en Järvenpää o 21 de abril de 1978 [2] é un artista de hip hop finlandés.
(2011) | |
Nome orixinal | (fi) Karri Miettinen |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fi) Karri Pekka Matias Miettinen 21 de abril de 1978 (46 anos) Järvenpää, Finlandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia |
Actividade | |
Ocupación | músico , cantante , artista discográfico |
Período de actividade | 2000 - |
Lingua | Lingua finesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | BMG (pt) |
Traxectoria
editarResidente en Helsinqui viviu tamén en Tampere, Rauma e Hämeenlinna. Paleface forma parte dos grupos Q-Continuum presents (This is) The Marienhof, Fat Beat Sound System e Conscious Youths. Tamén actúa como parte da banda Acoustic Journey do guitarrista inglés Jason Carter. Ademais da súa carreira como músico, entre 2008 e 2009 foi un dos comentaristas habituais do programa de debates Popkult da canle de televisión Yle Teema. Presenta o programa semanal de radio Act Like You Know en Radio Helsinki.
O seu cuarto álbum foi o primeiro en lingua finesa, titulado Helsinki - Shangri-La foi todo un éxito, editado o 15 de setembro de 2010 polo selo de hip-hop XO Records [3], o álbum foi disco de ouro en menos dun mes e chegou a platino con máis de 20.000 discos vendidos. Levou o premio Etno-Emma en decembro de 2010 e tamén foi o álbum nacional do ano para a revista Soundi e mais figurou entre os 12 álbums seleccionados para a rolda final do Premio da Música Nórdica .
Paleface foi un dos invitados polo presidente Tarja Halonen para as celebracións do Día da Independencia en decembro de 2010. Na gala de 2011 dos premios Emma, recibiu o premio ao solista masculino do ano. En 2011, Paleface editou o álbum aniversario da sección finlandesa de Amnistía Internacional Mitä vapaus on[4]. Colaborou con artistas como Steen1, Pyhimus, Nopsajalka, Nieminen & Litmanen ou Juno e foi tamén un dos compoñentes do grupo colectivo GG Caravan. Publicou en 2011 o seu primeiro libro Rappiotaidetta Suomiräpin tekijät[5] sobre a historia e características do rap finlandés [6].
O quinto álbum de Paleface, Maan tapa, saíu o 25 de abril de 2012[7], o que se extraeron dous sinxelos: "Ikivanhat tekosyyt (kadotettujen mantra)" e "Miten historiaa luetaan?". O 23 de novembro de 2012, Paleface lanzou un sinxelo en inglés Food for the Gods co rapeiro dos Ánxeles Matre. Un álbum homónimo apareceu o 8 de febreiro de 2013, de novo con temas en inglés [8].
Paleface foi elixido membro en 2013 do consello que preparaba o centenario da independencia finlandesa. Un deputado dos Verdadeiros Finlandeses, Jussi Niinistö,, preguntou por escrito sobre sobre esa participación, ao considerar que non era axeitado por chamar a Mannerheim criminal de guerra[9].
O 26 de outubro de 2015 apareceu a canción "Mars Today" en colaboración co rapeiro Matre e a cantante tanzana Ashimba e en xuño de 2016 deu a coñecer o vídeo musical "Emme suostu pelkäämään" en apoio de Loldiers of Odin, oposto á organización de patrullas veciñais organizadas polo grupo antiinmigración Soldiers of Odin[10], o vídeo contou con preto de cen colaboradores.
Discografía
editarÁlbums
editar- The Pale Ontologist (2001)
- Quarter Past (2003)
- Studio Tan (2007)
- Helsinki–Shangri-La (2010)
- Palaneen käryä ( 2011)
- Maan tapa (2012)
- Food for the Gods ( 2013)
- Luova tuho (2014)
Sinxelos
editar
|
|
Libros
editar- Rappiotaidetta: Suomiräpin tekijät. Helsinqui: Like, 2011. ISBN 978-952-01-0655-3.
- Viides Maamme-kirja: Eli ajatuksia suomalaisuudesta. Helsinqui:Like, 2017. ISBN 978-952-01-1655-2.
- Kolmetoista kertaa kovempi – Räppärin käsikirja. Helsinqui:Like, 2019. ISBN 978-952-01-1793-1. En colaboración con Esa Salminen.
Notas
editar- ↑ "Räppäri Palefacen teos Viides maamme -kirja käsittelee aikaamme kriittisesti" lukufilis.fi, 10 de xaneiro de 2018
- ↑ "Miten minusta tuli minä, Paleface". yle.fi. 18 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Paleface: Helsinki–Shangri-La – sanomaa suomen kielellä". levyhyllyt.musiikkikirjastot.fi. 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Eri Esittäjiä: Mitä vapaus on – Amnesty International 50-vuotisjuhla-albumi". Soundi, 25 de maio de 2011
- ↑ "Rappiotaidetta". Like. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Paleface: Rappiotaidetta - Suomiräpin tekijät / Suomiräpin vaippaikä". desibeli.net. 28 de setembro de 2011.
- ↑ "Paleface julkaisi uuden Maan tapa -albumin". lappeenrannanuutiset.fi. 2 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Folk rap is here to stay". Music Finland, 30 de maio de 2013
- ↑ "Kansanedustaja tyrmistyi: Miten tämä mies voi johtaa Suomen 100-vuotisjuhlabileiden suunnittelua?". Ilta Sanomat. 27 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Palefacen uutuusvideo naureskelee Soldiers of Odinille – mukana Paavo Arhinmäki, Madventures ja Solonen". yle.fi. 17 de xuño de 2016.