Palabra de honor

obra literaria de Arcadio López-Casanova

Palabra de honor, publicado por Galaxia -na colección Salnés- en 1967, é un libro de poemas de Arcadio-López Casanova.

Palabra de honor
Autor/aArcadio López-Casanova
LinguaGalega
ColecciónSalnés
Xénero(s)Poesía
EditorialGalaxia
Data de pub.1967
editar datos en Wikidata ]

Contido editar

Palabra de honor (1959-1967), así figura na entrada[1]

Adicatoria editar

A MARI CARMEN, porque tamén é súa ista razón

A modo de noticia editar

Explicación do autor de cando compuxo estes poemas

... Tempo despois, outra estancia no Páramo ó longo dus breves díaS do inverno, íame abrir as portas dun novo descobrimento: axiña fiquei solprendido, namais chegar, de que aquela xeografía local e pechada escomenzárase a encher, diante de min, de historia civil. Como nunha súpeta revelación, vin representados sobre a paisaxe paramesa, os sucedos coleitivos que ferían de mágoa ó país. Era, pra min, coma unha terrible e noitébrega danza de morte. Era Galicia enteira erguida e recollida a aquelas campas, a aquelas nabaregas, a aqueles cumios esvaecidos na béboa. Escribín moito (primeiro lene tatexo, logo con seguranza) e decateime de que o Páramo, aparecendo en imaxe por tódalas bandas, chegou a siñificar nos meus poemas GALICIA... [2]

I PORQUE CONTO UNHA HISTORIA DE SOLPORES SIN NOME editar

  • Onde a razón do canto
E non me vencerá -douvos "palabra
de honor"- , porque en pé sigo e xa e labra
a noutro tempo "esperanza presentida[3]
  • Carta
É tempo de falar
Bodaño, Bernardino
Xohana, Manuel María
Casares, Celso Emilio
Tovar e Novoneyra
... [4]
  • Páramo, si relembro
  • Choraría por ti. Soneto.
  • Prego por Galicia no cabo dun ano. Soneto.
Unha vendima máis e cántas levas
muda terra no pranto encarcerada
un pouco máis de sombra en tí calada
sigues aínda, Galicia, entrelas tevras
...[5]
  • Parábola
  • Á veira do sono
...
Cómo serás, ou patria, cando a noite
peche istas bágoas que te apertan fonda[6]
  • Mundo

II CORAZÓN, TI QUE SEMPRE SOUPECHES DA SOEDADE editar

  • Biografía
  • Xeografía
  • Páxina da memoria
...
E sí era fermoso
andar polos camiños
do Páramo: Quintela,
Parapar, San Xuliao,
Vilardepenas, Rodo,
-repito que creíamos-
na liberdade- i era
tamén fermoso sempre
sentirnos ceibes riba
daquela terra nosa
en sementeira...[7]
  • Profecía
  • Leición de vida
  • Mai
  • Oratorio en Carmen
...
Cántas veces, amor, sobre o silencio
quixen contar, cáseque sin palabras,
o feliz que por tí son desde sempre
Parapar, San Xuliao,
Vilardepenas, Rodo,
-repito que creíamos-
na liberdade- i era
tamén fermoso sempre[8]
  • Oración
  • Elexía

III PRONUNCIO OS VOSOS NOMES, PALABRA COMPARTIDA editar

  • In Memoriam
  • Palabras na tarde pra Rosalía
Si eu agora puidera
dicir: Galicia
ceibe, pronunciar
o teu nome, Rosalía,
estendelo sobre o pranto
e poñer cada sílaba
dos teus versos, eiquí
mesmo, riba
dunha mesa (testimuña)
do que sofrimos, aínda[8]
...
Non levo nada: soio iste calado
corazón, pra que o día sinalado
da propia morte seña fiel testigo [9]

Características editar

Son poemas escritos entre 1959 e 1987 en Lugo, Compostela e o Páramo, segundo o autor confirma no prólogo. Un libro no que, segundo Claudio Rodríguez Fer, aparecen emparellados o sentimento lírico e a a preocupación civil.[10] E segundo Xesús Alonso Montero o libro converte a un mozo de vinte e tantos anos no autor dalgunhas das máis atractivas páxinas do canto civil galego daquel momento.[11]

O libro divídese en tres partes. Na primeira descóbrese o Páramo natal e faise voz e intérprete desa comunidade. Na segunda vívese a experiencia do amor con dorida melancolía. Na terceria cántase con palabra compartida un mundo do que o poeta se sente membro responsable e voz.[12]

Notas editar

  1. López-Casanova, Arcadio (1967). Palabra de honor. Salnés 21. Vigo: Galaxia. 
  2. López-Casanova 1967, p. 11-12.
  3. López-Casanova 1967, p. 15.
  4. López-Casanova 1967, p. 16.
  5. López-Casanova 1967, p. 22.
  6. López-Casanova 1967, p. 26.
  7. López-Casanova 1967, p. 36-37.
  8. 8,0 8,1 López-Casanova 1967, p. 51.
  9. López-Casanova 1967, p. 76.
  10. Rodríguez Fer, Claudio (xaneiro, febreiro, marzo 1978). "Mesteres, por Arcadio López Casanova". Grial (59): 116. 
  11. Alonso Montero, Xesús (2002). "Arcadio López-Casanova". Thélème. Revista Complutense de Estudios Franceses: 103–107. ISSN 1139-9368. 
  12. Losada, Basilio (xulio, agosto, setembro 1967). "PALABRA DE HONOR, por Arcadio López-Casanova". Grial (17): 332–335.