Paio Soares de Taveirós

trobador galego
(Redirección desde «Pai Soarez de Taveirós»)

Pai ou Paio Soares de Taveirós foi un trobador da primeira metade do século XIII, descendente da baixa nobreza galega, sería irmán de Pero Velho.

Infotaula de personaPaio Soares de Taveirós
Biografía
Nacemento1200 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (823/824 anos)
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCantiga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Obra editar

É o autor da célebre "Cantiga da Ribeirinha" (No mundo non me sei parella), inspirada en elementos latinos e mozárabes e que se considerou durante moito tempo a primeira obra poética en galego-portugués aínda que na actualidade perdeu o seu estatuto de cantiga coñecida máis antiga en favor dunha obra do trobador João Soares de Pávia. É unha cantiga de amor chea de ironía, por iso moitos autores[quen?] pasaron a considerala como unha cantiga satírica, o que provocou unha certa controversia entre os partidarios dun e doutro sentido da mesma, sobre todo no que se refire ao personaxe a quen vai dirixida, unha filla de Pai Moniz, que durante moito tempo se identificou con María Pais Ribeiro, a célebre Ribeirinha, amante do rei portugués Sancho I, a pesar de que a existencia na época de varias personalidades chamadas Pai Moniz ou Paio Moniz, así como a orixe galega de Paio Soares, parece debilitar esta hipótese[Cómpre referencia].

Das que se teña constancia na actualidade é autor de 6 cantigas de amor, 3 cantigas de amigo[1] e 2 tenzóns con Pero Velho e Martin Soarez.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar