Paco Sarria

xornalista español

Francisco González Sarria, coñecido como Paco Sarria, nado na Ponte de Domingos Flórez, na provincia de León, en 1962, é un xornalista castelán residente en Galiza.

Infotaula de personaPaco Sarria
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Ponte de Domingos Flórez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou na emisora de radio Ondas Galicia, en Ourense. Máis tarde exerceu como xefe de informativos na COPE como delegado da TVG precisamente da provincia ourensá. Foi redactor e correspondente en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, da Axencia EFE e mais do diario El País.

En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado inicialmente a Onda Cero, e máis tarde ao Grupo Voz. En 2010 exercía as funcións de redactor-xefe en Onda Cero-Ourense.

No ano 2016 foi nomeado decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, destacando no seu discurso de toma de posesión a referencia explícita á [1]"paisaxe desoladora" que a crise deixou nos medios de comunicación.

Malia a súa orixe leonesa, Sarria fai uso da lingua galega en entrevistas en publicidade, tendo acadado premios ao respecto disto último.[2]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar