Pablo Villamar

político español

Pablo Villamar, nado en Narón en 1961, é un político galego, vicepresidente da Deputación da Coruña desde 2007.

Modelo:BiografíaPablo Villamar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Narón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Diplomado en relacións laborais pola Universidade de Santiago de Compostela, e técnico de organización da empresa Navantia, accedeu ao mundo da política cara ao ano 1977. Ligado ao nacionalismo galego desde novo pasou a formar parte do Bloque Nacionalista Galego, e baixo estas siglas desde o ano 1999 asumiu cargos institucionais de relevancia. Primeiro como concelleiro de Promoción Económica do Concello de Narón entre os anos 1999 e 2003 (coincidindo coa engalaxe do polígono industrial do Río do Pozo), máis tarde obtendo a acta de deputado pola provincia da Coruña adicado á area de turismo (2003-2007), e finalmente como vicepresidente da Deputación da Coruña, cargo que adquiriu no ano 2007 e que abandona ó perder a súa acta de deputado. Desde aquela é concelleiro en Narón e cogoberna con Terra Galega sendo o concelleiro de xestión orzamentaria e xestión de polígonos industriais, promoción económica e infraestruturas públicas.[Cómpre referencia] En xullo de 2017 anunciou mediante rolda de prensa que non se presentará para encabezar a lista do BNG na vindeira lexislatura e que apoiará a quen si o faga nas vindeiras eleccións municipais, representando ao Bloque Nacionalista Galego, organización na que milita desde os 16 anos.[1]

Vicepresidencia da Deputación da Coruña

editar

O 28 de xullo de 2007 tomou posesión do seu cargo de vicepresidente primeiro da Deputación da Coruña despois de que o Bloque Nacionalista Galego acadara 123.355 votos na circunscrición pola provincia da Coruña, relevando no posto ao seu compañeiro de partido, e antigo alcalde de Ferrol, Xaime Bello. Baixo a súa vicepresidencia destacan o establecemento de diferentes plans de promoción económica e turística como o "Plan de mellora da calidade turística Terras de Ulla e Tambre", o Plan de dinamización turística da Costa da Morte ou o "Plan de Dinamización de produto turístico Ferrol-Ortegal", este último galardoado pola "Gran Noite de Galicia en Barcelona", co percebe de ouro o 29 de febreiro de 2008 á excelencia turística. Vicepresidente asemade, da Fundación Enerxética Provincial da Coruña, impulsou durante a súa actividade na Deputación programas de enerxías renovábeis que se puxeron en marcha en diversos concellos da provincia.


Predecesor:
Xaime Bello
  
Vicepresidente da Deputación da Coruña
 
2007-2011
Sucesor:
María Dolores Faraldo Botana
  1. Elías, Carla (29 de xullo de 2017). "Pablo Villamar abandona la primera línea del BNG y no repetirá como candidato en Narón". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de agosto de 2017.