Pablo Heras Casado
Pablo Heras Casado, nado en Granada o 21 de novembro de 1977, é un director andaluz de música clásica con proxección internacional.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1977 (46 anos) Granada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) Real Conservatorio Superior de Música de Granada (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra |
Período de actividade | 1995 - |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Anne Igartiburu (2015–2021) |
Premios
| |
Páxina web | pabloherascasado.com |
Traxectoria editar
É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Granada e estudou dirección coral con Harry Christophers e participou en clases maxistrais impartidas por Christopher Hogwood[1].
Colabora asiduamente coa Ópera Nacional de París. Dirixiu a orquestra do Carnegie-Juilliard no Carnegie Hall de Nova York e mais a National Youth Orchestra of Great Britain, entre outras moitas formacións. No Estado Español foi o director titular do Conxunto Orquestral de Xirona entre 2005 e 2008, e da Coral Belas artes de Sabadell entre 2003 e 2005.
Premios editar
- Gañou o Premio Nacional de Canto Coral en 2004.
- Gañou o concurso de compositores de Lucerna en 2007.
Notas editar
- ↑ "Web oficial do músico". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010.