PO-510
A PO-510 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia[1]. Parte da parroquia de Atios (O Porriño), no cruzamento da Casilla, e remata na parroquia de Oleiros (Salvaterra de Miño), circunvalando os núcleos da Esfarrapada e Salvaterra de Miño.
PO-510 | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 15,77 km |
Localización | |
Inicio | A-55 N-550 Atios |
Fin | PO-402 PO-400 Oleiros |
Circulación | |
Velocidade máxima | 90 km/h |
Concellos que atravesa
|
Características editar
A PO-510 ten a súa orixe na antiga estrada do Porriño a Salvaterra. Nos primeiros tres quilómetros segue o mesmo trazado que esta vía, atravesando unha zona industrial e o lugar de Vacaría, o que ten xerado as protestas dos veciños pola alta densidade de tráfico.[2][3]
A partir do quilómetro tres, segue un trazado de nova creación, tomando a antiga estrada a denominación PO-407 ou PO-399. Este trazado está completamente valado e non ten cruzamentos ao mesmo nivel coas outras vías. Remata nunha rotonda que a enlaza coas estradas PO-400 e PO-402.
No ano 2008 abriuse un ramal que permite acceder a autovía A-55 sentido Vigo directamente dende a PO-510 no enlace da Casilla,[4] o que permite ao tráfico procedente de Salceda de Caselas e de Salvaterra de Miño acceder a autovía sen atravesar o centro do Porriño ou o Polígono das Gándaras.
Notas editar
- ↑ "Rede Autonómica de Estradas Pontevedra 2019" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de xuño de 2020. Consultado o 14/12/19.
- ↑ Redacción. "Veciños de Budiño cortarán o tráfico na estrada PO-510 - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-14.
- ↑ "Vecinos de A Vaquería cortan un carril de la PO-510". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 14/12/2019.
- ↑ "Salceda logra un enlace directo con la autovía a Vigo después de seis años". La Voz de Galicia (en castelán). 30/12/2008.