Partido dos Traballadores do Kurdistán

(Redirección desde «PKK»)

O Partido dos Traballadores do Kurdistán (en lingua kurda Partiya Karkerên Kurdistan, PKK), de tendencia independentista e marxista, é un partido político armado ilegal fundado en Turquía en 1973. O seu brazo armado denomínase Forzas de Defensa Populares. O presidente do partido é Abdullah Öcalan, condenado a cadea perpetua por delitos de "terrorismo" e "separatismo".

Partido dos Traballadores do Kurdistán
Dirixentes e organización
LíderCemîl Bayik e Murat Karayilan
Historia
Fundación1978
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo kurdo
Socialismo libertario
Secularismo
Confederalismo democrático
Municipalismo libertario
Outros datos
Na rede
pkkonline.com

O partido, coñecido polas súas siglas en kurdo (PKK), loita pola independencia do Curdistán turco nun estado socialista, polo que é considerado como unha organización terrorista tanto por Turquía, como por Estados Unidos e a Unión Europea, este último por petición do Estado turco.[1] Polo contrario, a ONU e países coma Suíza, Rusia, China, India ou Exipto non o consideran como organización terrorista.

Historia editar

Antecedentes editar

Öçalan, estudante de Ciencias Políticas, tomou contacto con activistas políticos e culturais que abordaban a cuestión kurda. Estes opinaban que o problema kurdo podía ser resolto a través dunha serie de reformas, para o que encamiñaron a súa actividade ao desenvolvemento de actividades culturais. Pola contra, Öçalan comezara unha ofensiva política en 1972 cunha conferencia sobre os problemas da cuestión turca, afirmando que en Turquía non existía unha soa nación, senón que tamén existía a nación kurda. A partir de entón, o grupo comeza unha intensa actividade política marcando o seu ideario no antifascismo, o que lles permite gañar un importante número de adeptos na comunidade universitaria e comezar a traballar na Unión de Estudantes de Ancara (Ayod).

Nese momento comeza a desenvolverse o corpo ideolóxico do PKK, baseado no antifascismo e un nacionalismo kurdo oposto ó chauvinismo e ó racismo. Tamén nese momento comeza un intenso debate entre a esquerda turca e o nacionalismo kurdo.

Fundación editar

 
Partidarios de Öcalan manifestándose en Londres.

Öçalan fundou informalmente o partido en 1973, e o grupo comezou as súas actividades nos territorios kurdos, principalmente en Urfa, Mus (cidade), Batman e Dersim.

En 1977 tivo lugar unha asemblea xeral, á que asisten máis de 100 representantes de diversas profesións e observadores doutras organizacións de esquerdas, amosando o gran crecemento do grupo e a súa paulatina integración no Curdistán turco. O PKK tomou a determinación de estender a organización cara a outros poboados e cidades kurdas. Tamén nese ano un membro dos servizos secretos turcos infiltrouse no partido, sendo descuberto, e foi asasinado o dirixente Hakki Karer en marzo de 1977 pola policía secreta turca, tendo este acto unha gran repercusión no grupo. En outono dese mesmo ano publicouse o manifesto Camiño para a Emancipación Curda, que deu un marco político ó grupo, que ata entón tivera un papel principalmente ideolóxico e cultural.

O Congreso Constitutivo formal do partido levouse a cabo o 27 de novembro de 1978. O Primeiro Congreso do PKK tivo lugar do 15 ó 26 de xullo de 1981, e o segundo do 20 ó 25 de agosto de 1982.

O partido comezou a loita armada o 15 de agosto de 1984. Segundo o goberno turco, aproximadamente 30.000 persoas morreron en combates entre as súas forzas e as do PKK ata 2003.

Evolución cara ao confederalismo democrático editar

 
Bandeira da Koma Civakên Kurdistan (Confederación de Pobos do Kurdistán), órgano ideolóxico dirixido polo PKK.

Na década dos 2000 o PKK comezou a cuestionarse se a loita armada era a vía correcta para alcanzar a independencia de Kurdistán. No 2005 publícase un breve libro da man de Öcalan que expón un novo concepto, o confederalismo democrático. Esta nova ideoloxía, baseada na ecoloxía social de Murray Bookchin, malia non rexeitar a posibilidade da independencia, afirma que aceptarían unha confederación, isto é, que as partes do Kurdistán divididas entre varios Estados (Iraq, Siria, Irán e Turquía) gocen dun alto grado de autogoberno, de maneira similar a un Estado confederal.

A principal organización que se encargou de facer realidade estas teorías foi a Koma Civakên Kurdistan ou KCK (confederación de pobos de Kurdistán), creada durante o encarceramento de Öcalan. Esta organización é a encargada de coordinar ideoloxicamente a tódalas organizacións vinculadas ao movemento de liberación kurdo, e engloba máis de 600 organizacions sociais, políticas e culturais dos catro territorios que conforman o Kurdistán.

Nova insurreción editar

Nos meses previos á elección parlamentaria de 2015, dado que a probabilidade de que o Partido Democrático dos Pobos (HDP) superase o "límite do 10%" para a entrada no goberno, Erdogan deu discursos e fixo comentarios que repudiaron a existencia dun problema kurdo e rexeitou recoñecer ao HDP.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar