Lokomotiv Kuban

(Redirección desde «PBC Lokomotiv-Kuban»)

O Lokomotiv Kuban (en ruso: Локомотив-Кубань) é un equipo de baloncesto ruso da cidade de Krasnodar, Krai de Krasnodar. O equipo xoga na Superliga rusa. Ata o ano 2009 xogaba na cidade de Rostov do Don coa denominación de Lokomotiv Rostov, trasladándose á súa actual sede por problemas financeiros.[1]

PBC Lokomotiv Kuban
Información xeral
Liga VTB / EuroCup
Fundación 1946
Cores           Vermello e verde
Presidente Andrey Vedischev
Adestrador Evgeniy Pashutin
Vestimenta Anta
Localización
Cidade Krasnodar, Rusia
Pavillón Basket-Hall
Capacidade 7.500
Inauguración 14 de agosto de 2011
Campionatos
Eurocup 1 (2013)
Copa 2 (2000, 2018)
lokobasket.com

Historia editar

O club fundouse en 1946 na cidade de Mineralnye Vody, e estaba composto principalmente por estudantes de escolas de ferroviarios da localidade.[2] No ano 2000 gañaron o seu primeiro e único título ata o momento, a Copa de Rusia, derrotando na final ao Ural Great Perm. No 2004 o equipo trasladouse á cidade de Rostov, pasando a denominarse Lokomotiv Rostov, ata o ano 2009, cando se trasladou á súa sede actual, a cidade de Krasnodar.

Denominacións editar

  • Lokomotiv Mineralnye Vody: 1946–2003
  • Lokomotiv Rostov: 2003-2009
  • Lokomotiv Kuban: 2009-presente

Palmarés editar

Notas editar

Ligazóns editar