Spacecraft Charging At High Altitudes

(Redirección desde «P78-2»)

Spacecraft Charging At High Altitudes, tamén coñecido polo seu acrónimo SCATHA e como P78-2, foi un satélite artificial do programa Space Test Program da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 30 de xaneiro de 1979 mediante un foguete Delta 2914 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][4]

Spacecraft Charging At High Altitudes / SCATHA / STP P78-2
SCATHA
TipoTecnolóxico / científico
OrganizaciónUSAF
Data de lanzamento30 de xaneiro de 1979[1][2][3]
Foguete portadorDelta 2914[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, LC-17B[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo das cargas eléctricas en satélites artificiais.[2][5]
NSSDC ID1979-007A
Masa343,0 kg[2][4][5]
DimensiónsCilindro de 1,7 m de diámetro e 1,8 m de alto.[2]
Datos orbitais
Semieixo maior41.815 km[1]
Inclinación17,1 graos[1]
Apoapse42.930,7 km[1]
Periapse27.957,8 km[1]

Características editar

A misión de SCATHA foi medir o proceso de adquisición de cargas eléctricas do satélite durante o seu paso polo plasma que rodea á Terra para evitar os seus efectos adversos en futuras naves.[2][4]

O satélite tiña forma de cilindro de 1,7 m de diámetro e 1,8 m de alto e estabilizábase mediante xiro a 1 r.p.m. Do cilindro saían tres mastros de 3 m de long, un de 2 m e outro de 7 m, con experimentos ó longo deles. Ademais dispoñía dunha antena para medir o campo eléctrico de 101,7 m de longo. Para calibrar o control do potencial eléctrico da nave, levaba a bordo un xerador de electróns e outro de ións positivos de xenon. Os datos recollidos por SCATHA podían gardarse nunha cinta a bordo con capacidade de ata 12 horas.[2][4]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SCATHA" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "STP P78-2" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  3. "Note verbale dated 29 May 1979 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). 79-15381. 6 de xuño de 1979: 3. Consultado o 17 de abril de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SCATHA (P78-2)" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "SCATHA" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017.