Otto Sonnenholzner

Otto Ramón Sonnenholzner Sper, nado en Guayaquil o 19 de marzo de 1983, é un empresario, radiodifusor e economista ecuatoriano. Foi Vicepresidente da República de Ecuador dende o 11 de decembro de 2018 até o 10 de xullo de 2020.

Infotaula de personaOtto Sonnenholzner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Guayaquil (Ecuador) Editar o valor em Wikidata
Vice-presidente do Equador (pt) Traducir
11 de decembro de 2018 – 7 de xullo de 2020
← María Alejandra Vicuña (en) TraducirMaría Alejandra Muñoz (en) Traducir →

Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchiller International University (en) Traducir - economia internacional (pt) Traducir (–2006)
Universidade de Passau (pt) Traducir - economía (–2004)
Universidade de Múnic - economía (–2002)
German School of Guayaquil (en) Traducir - ciencia social (–2001) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , empresario de medios , profesor universitario , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidad Católica de Santiago de Guayaquil (en) Traducir
Tropicana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAvanza (en) Traducir (2023–)
político independente (2018–2023) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Government of Lenín Moreno (en) Traducir (2018–2020) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisOtto Ramón Sonnenholzner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Rosa Elena Sper (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: ottosonnen Twitter: ottosonnenh Instagram: ottosonnenh Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Otto naceu en Guayaquil o 19 de marzo de 1983, fillo de Ramón Sonnenholzner e Rosa Elena Sper, no seo dunha familia empresaria e vinculada á radiodifusión, de ascendencia alemá. Está casado con Claudia Salem Barakat e ten tres fillos.[1][2]

O apelido Sonnenholzner, vén de dúas derivacións Sonnen, que significa sol, e Holzner, madeireiro, é dicir, Madeireiros do Sol e provén da vila de Amerang, situada no sur de Alemaña.[3]

Rematou a secundaria no Colexio Alemán Humboldt coa especialización en ciencias sociais e comunicación, logo realizou os seus estudos de economía internacional na Schiller International University nas súas sedes de Alemaña e España, nas que se graduou co título de economista.[4][5][6] Ademais diso, especializouse na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic e na Universidade de Passau. Como empresario desenvolveuse no sector da construción, comercio e agricultura. Realizou a súa labor como comunicador e xerente xeral en radio Tropicana e foi presidente Asociación Ecuatoriana de Radiodifusión (AER) en Guayas.[1] Tamén realizou actividade como profesor universitario na Universidade Católica de Santiago de Guayaquil.[5]

Trala renuncia irrevogable de María Alejandra Vicuña en decembro de 2018, foi proposto polo presidente Lenín Moreno como substitución de Vicuña á vicepresidencia e encabezou a terna presentada á Asemblea Nacional para este cargo.[1] Trala elección realizada na Asemblea Nacional o martes 11 de decembro de 2018, foi escollido como vicepresidente da república.[7]

Dez días despois da súa designación déronse como funcións o seguimento do Diálogo Social Nacional, a coordinación das accións dos Consellos Sectoriais, e ser parte do desenvolvemento da axenda sustentable e a atracción de investimentos.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "¿Quiénes están en la terna enviada por el presidente Lenín Moreno para Vicepresidente?". 6 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  2. "[PERFIL] Economista y radiodifusor, el tercer vicepresidente de Ecuador en 19 meses". Grupo Ediasa S.A. 11 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  3. "Sonnenholzner, un apellido que lleva casi 100 años en Ecuador". 16 de decembro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2018. 
  4. "Dos guayaquileños en terna para Vicepresidencia de Ecuador". 12 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "La terna para elegir al nuevo Vicepresidente está en la Asamblea". 7 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  6. "El Vicepresidente – Vicepresidencia de la República del Ecuador". s. f. Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  7. "Asamblea Nacional elige a Otto Sonnenholzner como vicepresidente de Ecuador". 11 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  8. "Las funciones de Sonnenholzner: Diálogo, agenda sostenible, atracción de inversiones y coordinación". Consultado o 22 de xaneiro de 2019.