Otto Loewi
Otto Loewi, nado en Frankfurt o 3 de xuño de 1873 e finado en Nova York o 25 de decembro de 1961, foi un destacado fisiólogo alemán.
Otto Loewi | |
---|---|
![]() Otto Loewi | |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de xuño de 1873 |
Lugar | Frankfurt, Alemaña |
Falecemento | 25 de decembro de 1961 |
Lugar | Nova York, EUA |
Soterrado | Woods Hole Village Cemetery |
Nacionalidade | Alemán, estadounidense |
Relixión | Xudeu |
Actividade | |
Campo | Fisioloxía, farmacoloxía |
Alma máter | Universidade de Estrasburgo |
Director de tese | Oswald Schmiedeberg |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Acetilcolina |
Premios | Premio Nobel de Medicina (1936) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou na Universidade de Múnic e licenciouse en Medicina na Universidade de Estrasburgo. Abandonou axiña a práctica asistencial da medicina, para dedicarse á investigación. Impartiu clases, como profesor axudante, na Universidade de Viena e en 1909 obtivo a cátedra de Farmacoloxía da Universidade de Graz, pero á chegada dos nazis, requísanlle o cargo e tivo que abandonar o país. Tras un breve período en Bruxelas e Oxford, trasladouse a Nova York en 1940, onde foi nomeado catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Nova York.
Loewi empezou as súas investigacións a partir dunha hipótese de Elliot, que defendía que o impulso nervioso se transmitía a través dunha substancia química. Loewi puido demostrar que no sistema nervioso parasimpático esta substancia era a acetilcolina, substancia que Henry Hallet Dale previamente illara. Ambos compartiron o Premio Nobel de Medicina no ano 1936.
O descubrimento de Loewi deu orixe ao nacemento da teoría química da transmisión nerviosa, segundo a cal, a corrente nerviosa provoca, no extremo das fibras nerviosas, a liberación dunha substancia química que se chamou neurotransmisor.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otto Loewi |