Oskorri
Oskorri é un grupo de música folk vasco, formado en Bilbao en 1971.
Oskorri | |
---|---|
Oskorri en Bilbao, en 2008. | |
Orixe | Bilbao, País Vasco |
Período | 1971 – presente |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | Elkar |
Membros | Natxo de Felipe Antón Latxa Bixente Martínez Xabier Zeberio Gorka Escauriaza Íñigo Egia Josu Zalbide |
Antigos membros | Fran Lasúen Kepa Junkera |
Na rede | |
www.oskorri.com | |
Membros
editarNatxo de Felipe |
Antón Latxa |
Bixente Martínez |
Xabier Zeberio |
Gorka Escauriaza |
Íñigo Egia |
Josu Zalbide |
Membros anteriores
editarFran Lasúen |
Kepa Junkera |
Txarli de Pablo |
Jose Urrejola |
Joserra Fernández |
Iker Goenaga |
Aitor Gorostiza |
Juantxe Aguiar |
Historia
editarOskorri nace na época da Transición Española, nunha escena musical vasca dominada polo grupo Ez dok amairu. Tanto pola lingua en que cantaban como polas letras das súas primeiras cancións (na súa maioría poemas de Gabriel Aresti), comeza cun importante contido reivindicativo que se atempera cos anos.
Deron o seu primeiro concerto no Paraninfo da Universidade de Deusto en marzo de 1971, cunha formación na que destacaba xa Natxo de Felipe, alma máter do grupo e único fundador que continúa nel.
Publicaron o seu primeiro LP en 1975 con Sony, nun disco chamado Gabriel Arestiren Oroimenez (En recordo de Gabriel Aresti), onde presentaron varias das súas cancións con letras do poeta bilbaíno. O seu seguinte disco, Mosen Bernat Etxepare música poemas do autor do primeiro libro impreso en éuscaro, Bernat Dechepare. Cos seguintes discos foise perfilando o que despois chamaríase "son Oskorri".
Ao longo da súa carreira publicaron varios discos recompilatorios, como o Alemanian euskaraz (En Alemaña en éuscaro), Hamabost urte... eta gero hau (Quince anos... para isto) ou 25 kantu-urte (25 anos de cancións), no cal colaboraron importantes artistas da escena folk de toda Europa.
Tamén realizaron discos temáticos, como Hi ere dantzari', dedicado ás músicas de danza tradicional, Katuen testamentue, de música infantil, ou a serie de The Pub Ibiltaria, discos gravados en directo con participación do público.
Varias das súas cancións convertéronse en tradicionais no País Vasco, como "Euskal Herrian Euskaraz" ("En Euskal Herria en éuscaro"), "Aita-semeak" ("O pai e o fillo") ou "Gora ta gora beti" ("Arriba e arriba sempre"), versión da checa "Skoda lásky").
En decembro de 2006, con motivo do seu XXXV aniversario, Oskorri arranxou cancións de anteriores discos do grupo e gravou un disco coa Banda de Bilbao no teatro Arriaga, como o comezo dunha xira para celebrar o seu aniversario. Ata finais de 2008 non finalizaron a xira, tocando con bandas de música do País Vasco, Navarra, o País Vasco Francés e polo resto do país.
Tocaron coas bandas de Legazpi, Azpeitia, Zizur Maior, Pasaia, Estella, Tafalla, Tolosa, Berriozar, Gernika, Zarautz, Agurain, Araia, A SEM Santa Cecília de l'Olleria e outras moitas máis.
Discografía
editar- 1975: Gabriel Arestiren Omenez
- 1977: Mosen Bernat Etxepare
- 1979: Oskorri
- 1980: Plazarik plaza
- 1981: Natxo de Felipe eta Oskorri sortu zen
- 1982: Adio Kattalina
- 1984: Alemanian euskaraz
- 1984: Hau hermosurie
- 1986: In fraganti
- 1987: Hamabost urte eta gero hau
- 1989: Datorrena datorrela
- 1991: Hi ere dantzari
- 1992: 13
- 1992: Landalan
- 1996: 25 kantu-urte
- 2000: Ura
- 2001: Vizcayatik... Bizkaiara
- 2003: Desertore
- 2006: The Pub Ibiltaria
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oskorri |