Lingua osca

(Redirección desde «Osco»)

O osco, a lingua dos oscos, formaba parte da rama sabélica dafamilia das linguas itálicas, que á súa vez era unha rama das linguas indoeuropeas, que inclúe o umbro, o latín e mais o falisco. Era falado no Samnio e na Campania, así como na Lucania e nos Abruzos.

Osco
Falado en: Península Itálica
Extinción: Derradeiras inscricións no século I a.C.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Osco-Umbro
   Osco
Escrita: Alfabeto etrusco
Códigos de lingua
ISO 639-1: Non
ISO 639-2: ine
ISO 639-3: osc
Mapa

Difusión do osco.
Status

Inscricións editar

O osco é coñecido por inscricións que se datan desde o século V a.C. As inscricións oscas máis importantes son a Tabula Bantina e o Cippus Abellanus. O osco usou as grafías do alfabeto latino e do alfabeto grego, e mais unha serie de variedades dos vellos alfabetos itálicos. Coñécese tamén unha forma de alfabeto osco designada como nucerino.

Dialectos editar

Os dialectos oscos comprendían falares dos samnitas, marrucinos, pelignos, vestinos, sabinos e marsos.

Algúns trazos lingüísticos editar

O osco compartía moitos riscos comúns co latín, aínda que tiñan tamén moitas diferenzas. Por exemplo, o verbo latino volo, volui, velle e outras formas similares, provenientes da raíz do protoindoeuropeo *wel- ('querer'), estaban representados en osco por vocábulos derivados da raíz *gher ('desexar'); así, o osco herest ('desexa, quere') contrasta co latín vult ('quere'). Ao latín locus ('lugar, posto') correspondíalle en osco slaagid.

A fonoloxía osca evidencia diferenzas respecto do latín: en osco /p/ equivalía ao /kw/ (qu) latino (Osc. pis, Lat. quis); /b/ equivalía ao /v/ latino; /f/ medial en vez do /b/ ou /d/ (Osc. mefiai, Lat. mediae).

Considerado como a máis conservadora de todas as linguas itálicas coñecidas, o osco rivalizaba só co grego en manter intacto o sistema herdado de vocais con ditongos.

Exemplo dun texto osco (Cippo Abellano) editar

ekkum[svaí píd herieset
trííbarak[avúm tereí púd
liímítú[m] pernúm [púís
herekleís fíísnú mefi[ú
íst, ehtrad feíhúss pú[s
herekleís fíísnam amfr
et, pert víam pússtíst
paí íp íst, pústin slagím
senateís suveís tangi
núd tríbarakavúm lí
kítud. íním íúk tríba
rakkiuf pam núvlanús
tríbarakattuset íúk trí
barakkiuf íním úíttiuf
abellanúm estud. avt
púst feíhúís pús físnam am
fret, eíseí tereí nep abel
lanús nep núvlanús pídum
tríbarakattíns. avt the
savrúm púd eseí tereí íst,
pún patensíns, múíníkad ta[n
ginúd patensíns, íním píd e[íseí
thesavreí púkkapíd ee[stit
a]íttíúm alttram alttr[ús
h]erríns. avt anter slagím
a]bellanam íním núvlanam
s]úllad víú uruvú íst . edú
e]ísaí víaí mefiaí teremen
n]iú staíet.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • H. H. Janssen, Oscan and Umbrian Inscriptions (Leiden 1949)
  • E. Vetter, Handbuch der italischen Dialekte (Heidelberg 1953)
  • Vittore Pisani, Le lingue dell'Italia antica oltre il Latino (1964)

Ligazóns externas editar