Oscar Cullmann

Oscar Cullmann, nado en Estrasburgo o 25 de febreiro de 1902 e finado en Chamonix o 16 de xaneiro de 1999, foi un pensador luterano francés.

Oscar Cullmann
Nacemento25 de febreiro de 1902
 Estrasburgo
Falecemento16 de xaneiro de 1999
 Chamonix
NacionalidadeFrancia
RelixiónLuteranismo
Alma máterFaculté de théologie protestante de Strasbourg, Protestant Faculty of Theology in Paris, Jean Sturm Gymnasium e Universidade de Estrasburgo
Ocupaciónteólogo, catedrático de universidade e escritor
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra e Premio internacional Paulo VI
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou filoloxía antiga e teoloxía. Foi profesor en Estrasburgo, Basilea e a Sorbona. Experto en interpretación bíblica e historia das Igrexas. Fixo importantes achegas ao ecumenismo sendo un dos artífices do diálogo entre o luteranismo e a Igrexa católica.

Foi un activista da axuda aos refuxiados franceses en Suíza durante a segunda guerra mundial, membro do comité executivo do Instituto Ecuménico de Xerusalén e observador no Concilio Vaticano Segundo onde foi a referencia da teoloxía protestante.

Partidario do método exexético pretende superar o enfoque filosófico na interpretación da Biblia. Influíu en teólogos insignes como Joachim Jeremías ou Joseph Ratzinger.

PensamentoEditar

O tempo cristián ten unha dirección, fronte ao tempo cíclico helénico e que é unha cárcere, describe unha liña recta que se dirixe á salvación en Xesús de Nazaret.

A intervención de Deus na historia caracterízase por un proceso de concentración (elección dun pobo, individuo ou comunidade humildes) e universalización (elección que é un servizo e entrega en beneficio de todos). Sería o caso de Israel pobo humilde entre grandes Imperios, e de Cristo.

A unión das Igrexas non debe supoñer uniformidade, senón diversidade. Non deben perder a súa substancia nin a súa identidade. Concede a posibilidade dun papel de primacía ao papado, sen poderes xurisdicionais.

O seu pensamento potencia a idea de que a antropoloxía cristiá primixenia afirma a bondade do corpo que non se concibe como un mal a superar como no dualismo grego de raíz platónica. No Evanxeo o home é unitario non un composto de dúas substancias corpo e alma.

ObrasEditar

  • Deus e o César
  • Cristo e o tempo
  • Xesús e os revolucionarios do seu tempo
  • A Cristoloxía do Novo Testamento.