Orlando Ramón Agosti
Orlando Ramón Agosti, nado en San Andrés de Giles (provincia de Buenos Aires) en 1924 e finado en Buenos Aires o 7 de outubro de 1997, foi un militar arxentino, membro do Proceso de Reorganización Nacional que gobernou de facto o seu país entre 1976 e 1983 tralo golpe de estado que derrocou á presidenta María Estela Martínez de Perón.
Orlando Ramón Agosti | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1924 e 18 de decembro de 1924 |
Lugar de nacemento | San Andrés de Giles |
Falecemento | 7 de outubro de 1997, 6 de outubro de 1997 e 6 de setembro de 1997 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Causa | cancro |
Soterrado | Cementerio Jardín de Paz |
Nacionalidade | Arxentina |
Alma máter | Military Aviation School |
Ocupación | político e oficial |
Premios | Gran Cruz da Orde El Sol do Perú e Condecoración Protector de los Pueblos Libres General José Artigas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Agosti ingresou en 1947 como alférez da Escola Militar de Aviación. En 1951 tomou parte na frustrada intentona que liderou Benjamín Menéndez contra Juan Domingo Perón; entre esta e a Revolución Libertadora estivo exiliado en Montevideo. A súa carreira militar levouno, co grao de brigadier, á representación diplomática en Estados Unidos e logo na Junta Interamericana de Defensa cara a 1972.
En 1975 recibiu de mans da presidenta o nomeamento de comandante xeneral da Forza Aérea Arxentina. Só tres meses máis tarde, xunto ao tenente xeneral Jorge Rafael Videla polo Exército Arxentino e o almirante Emilio Eduardo Massera pola Armada Arxentina deron o golpe. Escurecido polos seus compañeiros na Xunta, foi o menos implicado nas accións de goberno, e en especial na represión ilegal. En 1979 o brigadier Omar Graffigna substituíuno á fronte da Forza Aérea.
Xulgado trala restauración da democracia, Agosti foi declarado culpable en oito casos de tortura e roubo, e sentenciado a catro anos e seis meses de prisión e destituído do seu cargo. A Corte Suprema de Xustiza, nun fallo polémico, reduciu a pena a tres anos e nove meses de prisión; entrou nela o 24 de outubro de 1984 e cumpriu a súa pena no penal de Magdalena. Procesado aínda polo delito de rebelión, non sería liberado ata maio de 1989. En 1993 solicitou xudicialmente a restitución do seu grao militar, petición que a xustiza lle denegou.
É o único militar que participou na represión ilegal que cumpriu integramente a pena imposta no Xuízo ás Xuntas por esa causa.