Orestes (prefecto)

Orestes foi un aristócrata romano residente en Alexandría (Exipto) que foi prefecto imperial da diocese de Exipto, con sede en Alexandría.

Orestes
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
O patriarca Cirilo de Alexandría.

Historia editar

Orestes era pagán, pero fíxose bautizar en Constantinopla polo patriarca Attico,[1] antes de ser nomeado prefecto de Exipto, pouco despois de que o mozo Cirilo accedera ao Patriarcado de Alexandría á morte de Teófilo, tío de Cirilo, contra a ano 412 d.C. Orestes enfrontouse ao patriarca Cirilo, debido á intención do eclesiástico de atribuír á súa posición prerrogativas seculares. E cando Cirilo quixo expulsar a todos os xudeus de Alexandría, Orestes queixouse ao emperador que prohibiu a expulsión, o que impediu a reconciliación co patriarca.[2] Ante o rexeitamento do prefecto, o patriarca Cirilo sentiuse ameazado, sendo apoiado por varias faccións conectadas coa Igrexa.

En torno a 414 - 415 d.C. Orestes sufriu un atentado por parte dunha turba de monxes que o atacaron, feríndoo de gravidade. O prefecto fixo que Amonio, o líder dos atacantes, fora torturado e executado.

 
Hipatia. Detalle de A Escola de Atenas, por Rafael, Palacio Apostólico, Roma (1509-1510).

O patriarca Cirilo intentou converter a Amonio en mártir, pero os líderes de Alexandría e o propio emperador de Roma, Teodosio, condenaron o ataque dos monxes contra o representante imperial e Cirilo tivo que renunciar ás súas intencións.

O prefecto Orestes desfrutaba do apoio político e da amizade de Hipatia,[3] unha filósofa e matemática filla de Théon, filósofo neoplatónico, (da que Orestes fora discípulo na súa xuventude) que tiña unha considerábel autoridade moral e grande influencia na cidade de Alexandría. De feito, moitos dos seus alumnos procedían de familias poderosas e influentes de Alexandría, tanto cristiáns como pagáns, que posteriormente alcanzaron elevadas posicións no goberno e na Igrexa (como o propio Orestes e o bispo Sinesio de Cirene, entre outros).

No ano 415 unha turba cristiá, posibelmente dirixida polos parabolanos (refuxiados no Deserto de Nitria) invadiron Alexandría e atacaron a Hipatia en plena rúa, sacárona da súa carruaxe e asasinárona brutalmente, despedazando o seu corpo e queimándoo no exterior de Alexandría.

Este asasinato político, causado porque se sospeitaba que instigaba a Orestes a non reconciliarse con Cirilo,[4] eliminou un apoio importante do prefecto imperial, e levou a Orestes a renunciar ao seu enfrontamento co patriarca Cirilo e a abandonar Alexandría.

Ficción editar

Na película Ágora de Alejandro Amenábar, o personaxe de Orestes é interpretado polo actor Óscar Isaac.

Notas editar

  1. Sócrates Escolástico, VII.14.
  2. Sócrates Escolástico, VII.13.18-21.
  3. The Alexandria Society. "Hypatie d'Alexandrie". Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 18-07-2011. 
  4. Sácrates Escolástico, VII.15.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arnold Hugh Martin Jones, John Robert Martindale e John Morris, "Orestes 1", The Prosopography of the Later Roman Empire, Cambridge University Press, 1971, ISBN 0-521-20159-4, páxs. 810-811.
  • Christopher Haas, Alexandria in Late Antiquity: Topography and Social Conflict, JHU Press, 2006, ISBN 0-8018-8541-8
  • José Babini, La ciencia en el período grecorromano, Centro Editor de América Latina, 1968.
  • Susan Wessel, Cyril of Alexandria and the Nestorian controversy: the making of a saint and of a heretic, Oxford University Press, 2004, ISBN 0-19-926846-0.
  • Sócrates Escolástico, Historia ecclesiastica.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar