Orella de Xudas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Incertae sedis
Orde: Auriculariales
Familia: Auriculariaceae
Xénero: 'Auricularia'
Especie: ''A. auricula-judae''
Nome binomial
'Auricularia auricula-judae[1]
(Bull.) Quél. 1886
Sinonimia
  • Tremella auricula-judae Bull.
  • Peziza auricula-judae (Bull.) Bolton
  • Exidia auricula-judae (Bull.) Fr.
  • Hirneola auricula-judae (Bull.) Berk.
  • Hirneola auricula-judae var. auricula-judae (Bull.) Berk.
  • Auricularia auricula-judae var. auricula-judae (Bull.) Quél.
  • Auricularia auricula-judae f. auricula-judae (Bull.) Quél.
  • Tremella auricula L.
  • Peziza auricula (L.) Lightf.
  • Merulius auricula (L.) Roth
  • Hirneola auricula (L.) H. Karst.
  • Auricularia auricula (L.) Underw.
  • Gyraria auricularis Gray
  • Auricularia auricularis (Gray) G.W. Martin
  • Hirneola auricularis (Gray) Donk
  • Auricularia sambuci Pers.
  • Auricularia auricula-judae var. lactea Quél.
  • Auricularia lactea (Quél.) Bigeard & H. Guill.
  • Hirneola auricula-judae var. lactea (Quél.) D.A. Reid

Auricularia auricula-judae, comunmente coñecido como orella de Xudas, é un fungo basidiomiceto comestible, da orde Auriculariales. O epíteto específico auricula-judae, en latín, significa "orella de Xudas".[2][3]

Descrición editar

Nace en forma de cuncha de cor parda escura, coa cara externa un pouco máis pálida que a interna e, a medida que vai crecendo, toma a forma dunha orella coa marxe engurrada. O esporocarpo, ou corpo frutífero, é de consistencia xelatinosa, deshidrátase en ambiente seco e recobra a elasticidade coa humidade.

Pola parte de encima é máis pálido que pola de abaixo, que está percorrida por unha especie de pregos moi irregulares.

Hábitat editar

Crece habitualmente en grupos, sobre ramas mortas de sobreiras, platanáceas, sabugueiros, piñeiros, freixos, pradairos negundos e outras coníferas e latifoliadas.

O corpo frutífero adoita aparecer no outono en lugares húmidos, despois das choivas, pero ocasionalmente pódese encontrar na primavera e no verán.

Gastronomía editar

É comestible e moi apreciado na cociña oriental (é o "fungo negro" dos restaurantes chineses, en China cultívanse sobre troncos mortos).

Pode comerse cru, aínda que non ten un sabor moi marcado, pero polo seu aspecto emprégase como decoración de ensaladas. Tamén pode comerse frito ou en sopas

Pode gardarse seco e se se pon a remollo antes de usalo recupera a súa consistencia xelatinosa.[4]

Medicinais editar

Ten propiedades antibióticas e antiinflamatorias.[5]

Galería editar

Notas editar

  1. "Auricularia auricula-judae". Catalogue of Life (2010 Annual Checklist) (en inglés). ITIS. 
  2. Grünert, H.; Grünert, R.; VV.AA. (1984). Guías de Naturaleza Blume: Setas (t. original:"Pilze"). Barcelona: Blume. p. 268. ISBN 84-87535-11-9. 
  3. Phillips, Roger (2006), Mushrooms. Pub. McMilan, ISBN 0-330-44237-6. P. 317.
  4. Pascual, Ramon: Els bolets (on surten, com es coneixen, com es cuinen). Editorial Pòrtic, S.A., Barcelona, outubro de 1997. Col·lecció Els manuals de Pòrtic, núm. 1. ISBN 84-7306-965-X, planes 58-59.
  5. "Auricularia auricula-judae". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2009. Consultado o 29 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar