Olav II de Dinamarca
Olav IV Haakonsson, tamén coñecido como Oluf II de Dinamarca e Olav IV en Noruega, nado na fortaleza de Akershus de Oslo, en decembro de 1370 e finado no castelo de Falsterbo, en Skåne (actual Suecia), o 3 de agosto de 1387,[1] foi rei de Dinamarca entre 1376 e 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387. Tamén foi rei de Suecia, en oposición a Alberte de Mecklemburgo.
Olav II de Dinamarca | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1370 |
Lugar de nacemento | Fortaleza de Akershus |
Falecemento | 3 de agosto de 1387 |
Lugar de falecemento | Falsterbo |
Soterrado | Sorø Abbey |
Nacionalidade | Noruega e Dinamarca |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Haakon VI da Noruega |
Nai | Margarida I de Dinamarca |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Olav era fillo de Haakon VI de Noruega e Margarida I de Dinamarca. Haakon era fillo do rei Magno II de Suecia e de Margareth, filla do rei Valdemar IV de Dinamarca. Despois de Olav, ningún rei noruegués naceu en chan noruegués por máis de 550 anos, até que o príncipe Harald naceu en 1937. A súa morte foi o fin da liña masculina da Dinastía Folkung en Suecia.
Olav herdou o trono de Dinamarca a través da súa nai, e o trono noruegués a través do seu pai. Foi electo formalmente Rei de Suecia en 1385, a pesar de ser apenas un adolescente e, polo tanto, a súa nai sería a rexente. A súa morte prematura en 1387, tornou á súa nai, Margarida I de Dinamarca capaz de unir os tres reinos escandinavos nunha unión sobre unha soa coroa como a Unión de Kalmar en 1397.[2][3]
Notas Editar
- ↑ Bjørkvik, Halvard (13 de febreiro de 2009). "Olav 4 Håkonsson". Norsk biografisk leksikon (NBL) (en noruegués). Consultado o 24-9-2019.
- ↑ VV.AA. (2007). Diciopedia do século XXI. II (E-Ñ). Vigo: Edicións do Castro / Edicións do Cumio / Editorial Galaxia. p. 21. ISBN 84-8485-240-7.
- ↑ Ingebritsen (2003), p. 7
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olav II de Dinamarca |
Bibliografía Editar
- Ingebritsen, Christine (2006). Scandinavia in World Politics. Col. Europe Today (en inglés). Lanham, MD: Rowman & Littlefield Publishers. ISBN 978-0742509665.
Predecesor: Valdemar IV |
Rei de Dinamarca 1375 - 1387 |
Sucesor: Margarida I |
Predecesor: Haakon VI |
Rei de Noruega 1380 - 1387 |
Sucesor: Margarida I |