Ofensiva acerbaixana en Nagorno-Karabakh de 2023

Entre o 19 e o 20 de setembro de 2023, Acerbaixán lanzou unha ofensiva militar a grande escala contra o estado secesionista autoproclamado de Artsakh, un movemento visto como violación do cesamento ao fogo asinado logo da segunda guerra de Nagorno-Karabakh en 2020.[9][10] A ofensiva tivo lugar na disputada rexión de Nagorno-Karabakh, que é recoñecida internacionalmente como parte de Acerbaixán, mais está poboada por armenios. O obxectivo declarado da ofensiva era o desarme completo e a rendición incondicional de Artsakh, así como a retirada de todos os soldados de etnia armenia presentes na rexión.[11] A ofensiva produciuse no medio dunha crise crecente causada polo bloqueo de Artsakh, o que provocou unha escaseza significativa de subministracións esenciais como alimentos, medicamentos e outros bens na rexión afectada.[12]

Ofensiva acerbaixana en Nagorno-Karabakh de 2023
Parte de Conflito de Nagorno-Karabakh

Situación militar en Nagorno-Karabakh o 20 de setembro de 2023

     Áreas de territorio armenio ocupado por Acerbaixán      Áreas capturadas por Acerbaixán durante a ofensiva      Áreas do territorio de Nagorno-Karabakh recoñecido internacionalmente como Acerbaixán[1][2] que estaban baixo o control de Artsakh

Data 19 de setembro - 20 de setembro de 2023 (1 día)
Lugar Nagorno-Karabakh
Resultado Vitoria acerbaixana[3]
Belixerantes
Acerbaixán  Artsakh
Líderes
Baixas
192 militares mortos[7]
511 militares feridos[7]
200+ militares mortos[8]
400+ militares feridos[8]

Un día despois de que comezase a ofensiva o 20 de setembro, alcanzouse un acordo de alto ao fogo descrito como un acordo de rendición de Artsakh con mediación do continxente ruso de mantemento da paz, onde se acordou que o Exército de Defensa de Artsakh, as forzas armadas de Artsakh, serían desarmadas.[13][14][15][16] Porén, tanto os residentes como os funcionarios de Artsakh informaron de violacións do cesamento do fogo por parte de Acerbaixán até comezos de outubro.[17][18][19] O 28 de setembro, o presidente de Artsakh, Samvel Shahramanyan asinou un decreto para disolver todas as institucións estatais para o 1 de xaneiro de 2024, poñendo fin á existencia do estado separatista.[20]

A ofensiva e a posterior rendición deron lugar a un éxodo dos armenios de Nagorno-Karabakh, no cal case toda a poboación de Nagorno-Karabakh fuxiu da rexión cara aos países veciños, principalmente Armenia.[21][22][23] As organizacións de dereitos humanos e expertos en prevención do xenocidio emitiron múltiples alertas[a] que a poboación armenia da rexión estaba en risco ou estaba activamente sometida a limpeza étnica e xenocidio,[31][32] así como crimes de guerra e crimes contra a humanidade.[33] Luis Moreno Ocampo, fiscal da Corte Penal Internacional, clasificou a limpeza étnica dos armenios de Nagorno-Karabakh como un segundo xenocidio armenio, e opinou que a inacción da comunidade internacional animou a Acerbaixán a actuar con impunidade.[34][35]

Notas editar

  1. Atribuído a múltiples referencias:[24][19][25][26][27][28][29][30]

Referencias editar

  1. "Armenians Rage Against Last-Minute Peace Deal". Foreign Policy. 10 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2023. 
  2. "General Assembly adopts resolution reaffirming territorial integrity of Azerbaijan, demanding withdrawal of all Armenian forces". United Nations. 14 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2023. 
  3. "Azerbaijan Says Aims For 'Peaceful Reintegration' Of Karabakh Armenians". Barron's. 20 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2023. The offensive was seen as a major victory for Azerbaijan, which won a 2020 war with Armenia and has since sought to repopulate Karabakh. 
  4. "Armenian separatists in Karabakh surrender and agree to ceasefire with Azerbaijan". Reuters. 20 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2023. Under the agreement, confirmed by both sides and effective from 1 pm (0900 GMT) on Wednesday, separatist forces will disband and disarm and talks on the future of the region and the ethnic Armenians who live there will start on Thursday. 
  5. Ebel, Francesca (28 de setembro de 2023). "Defeated by force, Nagorno-Karabakh government declares it will dissolve". The Washington Post. Consultado o 28 de setembro de 2023. 
  6. "Guarantee Right to Return to Nagorno Karabakh". 2023-10-05. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2023. Consultado o 2023-10-05. 
  7. 7,0 7,1 "192 Azerbaijani servicemen martyred during the local anti-terrorist measures". Azeri Press Agency. Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Արցախում առնվազն 200 զոհ կա, ավելի քան 400 վիրավոր. ՄԻՊ". azatutyun.am. 20 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  9. "Armenia, Azerbaijan: Baku Launches Military Operation In Nagorno-Karabakh". Stratfor. 2023-09-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-22. 
  10. "Joint statement on Azerbaijan's attack on Nagorno-Karabakh". European Parliament. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-21. 
  11. "Statement by Azerbaijan's Ministry of Defense". MINISTRY OF DEFENSE OF THE REPUBLIC OF AZERBAIJAN. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-19. 
  12. Roth, Andrew (19 de setembro de 2023). "Azerbaijan launches 'anti-terrorist' campaign in disputed Nagorno-Karabakh region". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  13. "Karabakh separatists to disband after surrender to Azerbaijan". France 24 (en inglés). 2023-09-28. Consultado o 2023-12-18. 
  14. "Genocide Alert: Artsakh surrenders to Azerbaijan". Genocide Watch (en inglés). 2023-09-21. Consultado o 2023-12-18. 
  15. "Russia says Armenian separatists surrender arms after Azerbaijan reclaims Nagorno-Karabakh". AP News (en inglés). 2023-09-22. Consultado o 2023-12-18. 
  16. "Russian-mediated ceasefire announced in Nagorno-Karabakh". Armenpress. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  17. "МВД Нагорного Карабаха обвинило Азербайджан в нарушении договора о прекращении огня". Meduza. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2023. Consultado o 21 de setembro de 2023. 
  18. "Aserbaidschan soll Waffenruhe gebrochen haben". Rheinische Post. 21 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2023. Consultado o 21 de setembro de 2023. 
  19. 19,0 19,1 "Genocide Warning: Azerbaijan and Nagorno-Karabakh". Genocide Watch. 23 de setembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2023. Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  20. Ebel, Francesca (2023-09-28). "For three decades, Nagorno-Karabakh sought statehood. That quest is dead.". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-12-18. 
  21. "Guarantee Right to Return to Nagorno Karabakh". Human Rights Watch (en inglés). 2023-10-05. Consultado o 2023-12-18. 
  22. "Armenian Exodus From Nagorno-Karabakh Tops 100,000; UN Readies For Visit". Radio Free Europe/Radio Liberty (en inglés). Consultado o 2023-12-18. 
  23. "More than 80% of Nagorno-Karabakh's population flees as future uncertain for those who remain". Yahoo Finance (en inglés). 2023-09-29. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2023. Consultado o 2023-12-18. 
  24. "Azerbaijan's attack on Nagorno-Karabakh raises the risk of genocide against ethnic Armenians in the region". International Federation for Human Rights. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-22. 'We have to prevent a mass expulsion of ethnic Armenians from Nagorno-Karabakh,' remarks Oleksandra Matviichuk, FIDH's Vice-President, 'and we fear that the worst is yet to come for civilians who are left at the mercy of the advancing hostile forces unless the international community intervenes.' The international community must intervene to prevent genocide. 
  25. "Red Flag Alert for Genocide – Azerbaijan Update 4". Lemkin Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2023. Consultado o 2022-12-22. 
  26. Chidiac, Gerry (2023-02-09). "World stands by in the face of the Second Armenian Genocide". Troy Media. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2023. Consultado o 2023-02-13. 
  27. Rhodes, January (2023-01-31). "Museum Statement: Artsakh Crisis". Illinois Holocaust Museum. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2023. Consultado o 2023-05-04. 
  28. Gregorian, Alin K. (2022-12-20). "Difficult Road Ahead for Karabakh and Armenia". The Armenian Mirror-Spectator. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2023. Consultado o 2023-04-01. 
  29. "Azerbaijani activists end Nagorno-Karabakh sit-in as Baku tightens grip on region". Politico. 2023-04-28. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2023. Consultado o 2023-05-04. France's foreign minister has joined international observers in warning of the risk of 'ethnic cleansing' in the breakaway region. 
  30. "Against Backdrop of Baku's Ongoing Blockade of Lachin Corridor, Menendez Blasts Commerce Plans to Permit Export of Lethal Weapons to Azerbaijan". www.foreign.senate.gov. 2 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2023. Consultado o 2023-05-07. Today, Armenians in Nagorno-Karabakh face an acute humanitarian crisis, threats of ethnic cleansing, and chronic shortages of water, energy, healthcare, and food. 
  31. "Azerbaijan launches attack in Nagorno-Karabakh, announces 'evacuation' of Armenian population". Politico. 2023-09-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-19. 
  32. "Live updates: Stepanakert under fire as Azerbaijan launches assault on Nagorno-Karabakh". OC Media. 2023-09-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-19. Political analyst and peace activist Bahruz Samadov said the goal was the ethnic cleansing of the region's Armenian population... 
  33. Deutsch, Anthony; van den Berg, Stephanie (29 de setembro de 2023). "Nagorno-Karabakh exodus amounts to a war crime, legal experts say". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2023. Consultado o 29 de setembro de 2023. 
  34. Moreno Ocampo, Luis (22 de setembro de 2023). "Call what is happening in Nagorno-Karabakh by its proper name". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  35. Moreno Ocampo, Luis (decembro de 2023). ""Current genocides and the consistent international practice to deny them."". Official website of Luis Moreno Ocampo. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2023. Consultado o 20 de decembro de 2023.