İlham Əliyev
İlham Heydər oğlu Əliyev, nado en Bakú o 24 de decembro de 1961, é un político acerbaixano, presidente do seu país dende o 31 de outubro de 2003.
É tamén o presidente do Partido do Novo Acerbaixán e do Comité Olímpico Nacional.
Traxectoria
editarİlham Əliyev naceu o 24 de decembro de 1961 en Bakú. O seu avó foi Əziz Əliyev, destacado político do Partido Comunista da Unión Soviética, súa nai a científica Zərifə Əliyeva e seu pai, Heydər Əliyev, terceiro presidente de Acerbaixán.
En 1977 entrou no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova e en 1985 recibiu un doutorado en Historia. Entre 1994 e 2003 foi vicepresidente de SOCAR, a petroleira estatal de Acerbaixán. Foi unha das figuras claves durante as negociacións entre o goberno acerbaixano e as empresas petroleiras occidentais que concluíron con grandes acordos de produción compartida.
En 1995 foi elixido deputado da Asemblea Nacional da República de Acerbaixán e nas eleccións presidenciais de 2003 saíu elixido presidente do país co 76.84% dos votos, sucedendo a seu pai, que morrería dous meses despois.
Foi reelixido de novo nas eleccións de 2008 e, tras un referendo en 2009 co que se eliminou o límite de mandatos que pode exercer o presidente, reelixido en 2013 e 2018 con máis do 85% dos votos en ambos procesos.
Dende 1997, Əliyev é o presidente do Comité Olímpico Nacional.
Predecesor: Artur Rasizade |
Primeiro Ministro de Acerbaixán 4 de agosto de 2003 - 4 de novembro de 2003 |
Sucesor: Artur Rasizade |
Predecesor: Heydar Aliyev |
Presidente de Acerbaixán 31 de outubro de 2003 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|