O soldado e a morte

O soldado e a morte é un conto de fadas escrito polo folclorista ruso Aleksandr Nikoláyevich Afanásiev (1826-1871).

O soldado e a morte
Autor/aAleksandr Afanásiev
OrixeRusia
Lingualingua rusa
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

É a historia dun soldado que retorna da guerra e que, ó compartir o pouco que lle queda (unhas galletas) cunha serie de personaxes necesitados, obtén en troco deles varios regalos, sendo o máis importante un saco máxico. Este ten a propiedade de encerrar nel calquera cousa tras recibir a orde do seu propietario, o cal seralle moi útil para liberar a un castelo duns demos e coller sona no reino do tsar; pero cando capturou á morte, as cousas no mundo complicáronse. Xa ninguén morría, nin sequera aqueles que esperaban o descanso a causa das súas enfermidades e sufrimentos. Por isto, o soldado finalmente comprendeu que a morte non pode estar presa e a deixa libre para que cumpra coa súa misión.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar