O inicio do século XX dende Galicia

O amencer do século XX en Galiza, aínda que se iniciase coa folga xeral de 1900, semellaba achegar unha nova época de progreso.

Introdución editar

O século XX era -segundo Crouzet- a imaxe dun pobo próspero, aberto, no cal as barreiras de toda clase se reducen ó mínimo, no cal circulan libremente os homes e mercancías, capitais, ideas; no cal a produción e o comercio acadan o nivel máis alto da historia da humanidade[1]

A pesar disto, segue Crouzet, esta República da Utopía está moi lonxe de ser todo o mundo, nin tan sequera toda Europa, trátase soamente da Europa dominante[1].

Cando a I guerra mundial sacode o mundo, a paz de Versalles trocou o mapa de Europa e deu satisfacción ás nacionalidades asoballadas polos grandes imperios europeos. Houbo no mundo un respiro de esperanza para os pobos débiles politicamente, e tamén as nacionalidades hispánicas volveron entre si e trataron de revaloriza-las súas culturas. Galicia non podía ficar atrás naquel movemento nacionalista, con tanta máis razón canto que fora un galego, Alfredo Brañas, quen primeiro elaborara as ideas rexionalistas[2]

A Revolución Rusa supuxo o triunfo do proletariado e obrigou ós intelectuais a tomar posición. Así o comenta Florentino López Cuevillas:

Cando a loita semellaba acabar, aló na afastada Rusia, que nós admirábamos tanto pola súa literatura, o seu orientalismo e o seu cristianismo evanxélico, xurdiu como unha ameaza a pantasma da revolución social [...] E foi entón cando nós, coma os máis, tivemos conciencia dun perigo que ameazaba non soamente as nosas ideas de liberdade pública, senón tamén a nosa liberdade individual; pois o comunismo estatista, ó xeito ruso, que bote por terra as fortes torres dos donos da industria e os donos da terra, non é de supoñer que faga moito aprecio das nosas pobres torres de marfil. E diante do espectáculo dunha Moscova co traballo obrigatorio nas fábricas, coa ciencia oficial levada ós últimos extremos `...pousamos o himation dos gregos, o albornoz dos árabes, [...] e vestindo a chaqueta demos en ollar afincadamente arredor de nós, e así estamos, e así estou[2].

A fin da guerra do 14, supuxo o nacemento de moitas nacións independentes. Este feito supuxo para Galiza un pulo anovador- comenta Ramón Piñeiro- que se foi condensando en tres focos principais de actividades: o foco ourensán-pontevedrés, que deu orixe á revista Nós, o foco coruñés, que deu orixe as Irmandades da Fala, e o foco compostelán [...] que deu orixe á creación do Seminario de Estudos Galegos[3]

As mudanzas agrarias editar

 
A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega, partido agrarista que buscaba a redención foral.
Poboación activa en Galiza[Cómpre referencia]
Ano Residencia urbana Sector primario Industria Servizos
1900 9,9 % 85,9 % 5,9 % 8,1 %
1930 13,5 % 65,3 % 14,7 % 20 %

As melloras técnicas agrícolas e a redención foral, a cal se realizou sobre todo no período 1918/1923, van modificar notabelmente a sociedade galega do primeiro terzo do século XX.

A industria conserveira editar

A partir de 1880 vaise instalando unha importante industria conserveira nas rías galegas, e no ano 1907 temos localizadas fábricas conserveiras en Vigo, Pontevedra, Arousa, Noia, Corcubión, o golfo Artabro, Ortigueira, Viveiro e Ribadeo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Crouzet: Introducción a “La Época Contemporánea”, vol. III da Historia Xeral das Civilizaciones, Destino, Barcelona, 1965
  2. 2,0 2,1 Xosé Ramón Fernández-Oxea: “Índice da revista Nós”, en Nós. Homenaxe da Real Academia Galega, Vigo, 1970
  3. R. Piñeiro: Introdución ó libro de R. Lugrís Vicente Risco na cultura galega, Galaxia, Vigo, 1963.

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.