O desfalco
O desfalco é unha novela de Valentin Kataev, escrita en lingua rusa co título orixinal de Rastrátchiki e publicada por vez primeira por entregas nunha revista en 1926. Foi traducida ao galego por Ekaterina Guerbek, sendo publicada en 2007 por Rinoceronte Editora.
O desfalco | |
---|---|
Título orixinal | Rastrátchiki |
Autor/a | Valentin Kataev |
Orixe | Rusia |
Lingua | Ruso |
Colección | Clásica |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Rinoceronte Editora |
Data de pub. | 1920 2007 |
Páxinas | 194 |
ISBN | ISBN 978-84-935375-2-4 |
Tradución | Ekaterina Guerbek |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está ambientada na década dos 1920 soviético, en tempos da Nova Política Económica, cando o Estado se propón pórlle fin á malversación de fondos; e para esta obra, o autor inspirouse en artigos xornalísticos da época. Da novela, o autor fixo unha peza de teatro ao ano seguinte para o teatro moscovita MJAT. Tanto a obra narrativa como a de teatro están traducidas a numerosas linguas.
Argumento
editarEn Moscova, dous funcionarios, Filip Stepánovich e Váñechka, furtan o diñeiro todo que lle tiñan que entregar aos empregados, e andan escapados por San Petersburgo até que fican sen un can e se entregan.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na web de Rinoceronte Ediitora.
- O desfalco en www.culturagalega.org