O astronauta caído
O astronauta caído, no orixinal inglés Fallen Astronaut, é unha escultura de aluminio de 8,5 centímetros de altura dun astronauta con traxe espacial, obra do artista belga Paul Van Hoeydonck.
Historia e características
editarEn 1971, O astronauta caído foi colocado na Lúa pola tripulación do Apolo XV canda unha placa que mostra os nomes ordenados alfabeticamente de oito astronautas e seis cosmonautas que faleceron en misións ou durante adestramentos.
Trátase da única obra de arte realizada co propósito de permanecer na lúa. Poderíase argumentar que hai outros obxectos que ficaron alí, como as bandeira dos Estados Unidos de América ou da Unión Soviética, ou as placas lunares dos distintos Apollo, pero tal non era o seu principal cometido, cousa que si sucede con esta figuriña de aluminio.
Listaxe de falecidos
editar- Theodore Freeman (31 de outubro de 1964, accidente aéreo)
- Charles Bassett (28 de febreiro de 1966, accidente aéreo)
- Elliott See (28 de febreiro de 1966, accidente aéreo)
- Gus Grissom (27 de xaneiro de 1967, incendio do Apollo I)
- Roger Chaffee (27 de xaneiro de 1967, incendio do Apollo I)
- Edward White (27 de xaneiro de 1967, incendio do Apollo I)
- Vladímir Komarov (24 de abril de 1967, fallo do paracaídas na reentrada)
- Edward Givens (6 de xuño de 1967 accidente automobilístico)
- Clifton Williams (5 de outubro de 1967, accidente aéreo)
- Iuri Gagarin (27 de marzo de 1968, accidente aéreo)
- Pavel Belyayev (10 de xaneiro de 1970, enfermidade)
- Georgi Dobrovolski (30 de xuño de 1971, fallo de presurización na reentrada)
- Viktor Patsayev (30 de xuño de 1971, fallo de presurización na reentrada)
- Vladislav Vólkov (30 de xuño de 1971, fallo de presurización na reentrada)