Abrir o menú principal

Roger B. Chaffee

Astronauta estadounidense
(Redirixido desde "Roger Chaffee")

Roger Bruce Chaffee foi un astronauta estadounidense que faleceu durante a proba do Apollo 1 na rampla de lanzamento.[1][2]

Roger B. Chaffee
RogerChaffee.1964.ws.jpg
Datos persoais
Nacemento15 de febreiro de 1935
LugarGrand Rapids
Falecemento27 de xaneiro de 1967
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
PremiosMedalla do Aire, Medalha de Honra Espacial do Congresso, Medalla o Servizo Excepcional da NASA e United States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chaffee naceu o 15 de febreiro de 1935 en Grand Rapids, Míchigan, e faleceu o 27 de xaneiro de 1967. Era graduado en enxeñería aeronáutica pola Universidade Purdue en 1957. Estaba casado e tiña dous fillos.[1][2]

Foi un dos catorce candidatos a astronauta seleccionados pola NASA en outubro de 1963. Ademais do adestramento como astronauta, foi asignado a traballos nos sistemas de comunicación de control de voo, a sistemas de instrumentación e a sistemas de control de actitude e traslación na sección Apollo da Oficina de Astronautas. Foi seleccionado o 21 de marzo de 1966 como un dos tres membros do primeiro voo dunha cápsula Apollo tripulada, a misión AS-204. Durante probas en terra coa cápsula, o 27 de xaneiro de 1967, produciuse un lume que matou aos tres astronautas no seu interior, entre eles Chaffee.[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "ROGER B. CHAFFEE (LIEUTENANT COMMANDER, USN) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chaffee, Roger Bruce" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar