O Virxiniano (en inglés: The Virginian) é unha serie de televisión emitida pola Televisión de Galicia. Producida pola NBC, estreouse orixinalmente no ano 1962, durou en antena ata setembro de 1970. Inspirada no medio rural americano, relata o día a día dun vaqueiro sen nome alcuñado "O Virxiniano".

O Virxiniano

Editar o valor em Wikidata
Na rede
IMDB: tt0055710 Allocine: 5867 Rottentomatoes: tv/the_virginian TV.com: shows/the-virginian Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O Virxiniano foi a primeira serie de televisión cunha duración de noventa minutos, mentres as demais series, como Bonanza, duraban setenta e cinco. Logo dun episodio piloto de hora e media no 1958 e co mesmo actor principal, James Drury, a cadea de televisión non lle gustou o formato e decidiu non arriscar no proxecto. Así e todo, a nova ondada de series de televisión baseadas no oeste americano animaron a NBC a investir nela, aínda que con cambios. Pese a ser o 'remake' da novela homónima de Owen Wister, a personaxe do vaqueiro de Virxinia sufriu variacións do texto orixinal e das películas predecesoras para adaptala ó formato televisivo e ós gustos da audiencia. Mentres que na novela o argumento principal versaba sobre o amor entre unha profesora e o vaqueiro, na serie omitiuse para tratar temas cotiáns e os valores tipicamente americanos coma a xustiza, os prexuízos e as relacións entre os habitantes de Medicine Bow. A serie converteuse nun grande éxito para a cadea e durou en antena oito anos entre cambios de personaxes, mais James Drury e Doug McClure, o seu amigo Trampas, permaneceron ata o final da serie.

Sinopse editar

A serie arranca no ano 1980 nunha pequena vila de Wyoming chamada Medicine Bow onde chega un misterioso vaqueiro ó que chaman 'O Virxiniano' e é contratado polo xuíz local, Henry Garth (interpretado por Lee J. Cobb) como capataz do seu rancho de Shiloh. Alí coñecerá a filla adoptiva do xuíz, Betsy Garth, e unha periodista do diario local chamada Molly Wood. Na novela orixinal, Molly Wood era a profesora coa que casaría pero este dato foi modificado polos guionistas. Afastándose do estilo das demais producións sobre o oeste, cada episodio trataba un tema diferente profundizando na personalidade das personaxes fuxindo dos tópicos do xénero. Tódolos capítulos seguían a liña de introdución, nó e desenlace, cunha ensinanza sobre a xustiza ou as relacións humanas. Ó final da serie os produtores cambiaron o nome da serie, 'O Virxiniano', polo de 'Os homes de Shiloh'.

Elenco editar

Á parte de James Drury e Doug McClure, tódalas personaxes de Medicine Bow foron interpretadas por diferentes actores.

Algúns dos actores de renome que fixeron aparicións especiais ou cameos foron: Charles Bronson, Bette Davis, Lee Marvin, Brandon De Wilde e George C. Scott. A outros coma Robert Redford e Leonard Nimoy serviulles de trampolín ó éxito.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar