O Señor dos Aneis: Os aneis de poder

serie de televisión de 2022 de Amazon Prime Video

O Señor dos Aneis: Os aneis de poder[1] (en inglés: The Lord of the Rings: The Rings of Power) é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela O Señor dos Aneis, e os seus apéndices, escrita de J. R. R. Tolkien. Desenvolvida por J. D. Payne e Patrick McKay para Amazon Prime Video, a serie está ambientada na Segunda Idade da Terra Media, miles de anos antes dos eventos das obras O hobbit e O Señor dos Aneis de Tolkien. Foi producida por Amazon Studios, xunto con Tolkien Estate, the Tolkien Trust, HarperCollins e New Line Cinema.

O Señor dos Aneis: Os aneis de poder
FormatoAcción
Aventura
Drama
Fantasía
Creado por
  • J. D. Payne
  • Patrick McKay
Desenvolvido por
Tema de aperturaHoward Shore
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios16
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)
DistribuidorAmazon Studios
Emisión orixinal
Canle de orixeAmazon Prime Video
Primeiro episodio1 de setembro de 2022
Na rede
IMDB: tt7631058 Filmaffinity: 622579 Allocine: 22940 Rottentomatoes: tv/the_lord_of_the_rings_the_rings_of_power Metacritic: tv/the-lord-of-the-rings-the-rings-of-power
Facebook: TheRingsOfPower Twitter: TheRingsofPower Instagram: theringsofpower Youtube: UC5gNthckomHt36m9-WH042Q Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Estreouse en Amazon Prime Video con versión dobrada e subtitulada ao galego o 2 de setembro de 2022.[2] O texto da dobraxe foi traducido por Magdalena Sánchez e o do subtitulado por Lucía Doval.[3]

Sinopse

editar

Ambientado miles de anos antes dos eventos das obras O hobbit e O Señor dos Aneis, a serie está baseada na historia do autor J. R. R. Tolkien sobre Terra Media. Comeza durante un tempo de relativa paz e abrangue todos os principais acontecementos da Segunda Idade da Terra Media: a forxa dos aneis de poder, o alzamento do señor escuro Sauron, a caída do reino insular de Númenor, e a última alianza entre os elfos e os homes.[4] Estes acontecementos teñen lugar ao longo de miles de anos nas historias orixinais de Tolkien pero están condensados ​​para a serie.[5]

  1. pipocas.amesa.gal/ (ed.). "O Señor dos Aneis: Os aneis de poder (2022)". Consultado o 14 de decembro de 2022. 
  2. A Mesa pola Normalización Lingüística (ed.). "O Señor dos Aneis: Os aneis de poder dobrada e subtitulada en galego". Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  3. @manuelarcatrad (ed.). "Quen traduce O Señor dos Aneis: Os aneis de poder, dobrada e subtitulada en galego". Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  4. Otterson, Joe (19 de xaneiro de 2022). "'Lord of the Rings' Amazon Series Reveals Full Title in New Video". Variety. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2022. 
  5. Breznican, Anthony; Robinson, Joanna (10 de febreiro de 2022). "Amazon's Lord of the Rings Series Rises: Inside The Rings of Power". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar