O Gran Camiño

carreira ciclista galega


O Gran Camiño é unha carreira ciclista galega por etapas, creada en 2022. Forma parte do UCI Europe Tour.

Modelo:Competición deportivaO Gran Camiño
Nome oficialGran Camiño (2022–)
O Gran Camiño (2022–) Editar o valor em Wikidata
Tipocorrida por etapas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónGalicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9Coordenadas: 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia2022 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadafebreiroEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialograncamino.gal Editar o valor em Wikidata
Twitter: ograncamino_igt Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A carreira naceu grazas á iniciativa do exciclista galego Ezequiel Mosquera e ao seu esforzo por volver ter unha carreira ciclista profesional en Galicia máis de 20 anos despois, dende que a Volta ciclista a Galicia perdese a condición de profesional no ano 2000.[1] En novembro de 2021 Mosquera asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a organización en febreiro de 2022 dunha carreira de catro etapas, co nome de "O Gran Camiño".[2]

A primeira edición da proba contou con 18 equipos, 4 deles da máxima categoría mundial, e a participación destacada de Alejandro Valverde, no ano da súa retirada.[3] O estradense Alejandro Marque portou o dorsal número 1 e o dinamarqués Magnus Cort gañou a primeira etapa, disputada entre O Porriño e Vigo.[4][5] Alejandro Valverde converteuse no primeiro vencedor do Gran Camiño, con sete segundos de vantaxe sobre o segundo, o canadense Michael Woods.[6]

Palmarés editar

Ano Ciclista Equipo
2022   Alejandro Valverde Movistar Team
2023   Jonas Vingegaard Team LottoNL-Jumbo
2024

Notas editar

  1. Pena, Héctor (24 de febreiro de 2022). "A Volta á Galiza rexorde das súas cinzas 22 anos despois". Nós Diario. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  2. "A Xunta apoia a volta ciclista “O Gran Camiño” como escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro". Xunta de Galicia. 16 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2022. Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  3. Álvarez, Armando (16 de febreiro de 2022). "Valverde ilumina O Gran Camiño". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  4. "Álex Marque e Delio Fernández estrearanse en Galicia no Gran Camiño". CRTVG. 22 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  5. "Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño". CRTVG. 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  6. "Valverde, o peregrino máis rápido no primeiro Gran Camiño". Televisión de Galicia. 27 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar