O Correcamiños

Serie de debuxos animados
(Redirixido desde «O Coiote e o Papaleguas»)

O Correcamiños[1] (Wile E. Coyote and the Road Runner, nome da serie na verisón orixinal inglesa, literalmente Wile E. Coiote e o Correcamiños) é unha serie estadounidense de debuxos animados creada no ano de 1949 polo animador Chuck Jones para a Warner Brothers. Os dous protagonistas son un coiote e un Geococcyx californianus, ambos os dous animais reais nativos dos desertos do suroeste americano. Son dos personaxes máis coñecidos da Looney Tunes. Chuck Jones inspirouse para crear a estes personaxes nun libro de Mark Twain, titulado Roughin It, no que Twain denotaba que os coiotes famentos poderían incluso apañar un Geococcyx californianus.

Silueta do Coiote pintada nun corredor do MIT.

A serie emítese dentro do espazo infantil Xabarín Club da TVG2.

Nunha ocasión, Chuck Jones dixo, refiríndose a dous dos seus personaxes máis coñecidos, que "o Coiote é a miña realidade, e Bugs Bunny a miña meta". Os debuxos do coiote e mailo Correcamiños foron creados coma unha parodia dos debuxos tradicionais de "gato e rato" (coma Tom e Jerry), que eran moi populares daquela. A ambientación da serie no deserto do suroeste dos Estados Unidos aseméllase á da historieta da banda deseñada Krazy Kat, de George Herriman.

Paul Julian, que traballaba coma pintor de decorados no equipo de Friz Freleng, encargouse de pór a voz do Correcamiños, que só fai o coñecido bip bip .

Un par de coches da época dos 60 (coñecida como a época dos Muscle Cars), fixéronlle unha homenaxe ao personaxe incluso incluíndo unha bucina que ao tocar emitía un son semellante ao clásico bip bip da serie. Estes automóbiles foron producidos por Chrysler Corp. baixo a súa filial Plymouth e ambos eran:

  • Plymouth RoadRunner (producido desde 1969 até 1980).
  • Plymouth Superbird (un auto nascar usado na época dos 70).

Ambos os dous posuían motores que realmente eran rápidos e veloces para a época, de aí que estes tomaran coma homenaxe o Correcamiños.

ArgumentoEditar

As curtametraxes da serie teñen un planteamento moi sinxelo: o Correcamiños, un paxaro moi veloz (baseado nun animal real, a ave chamada Geococcyx californianus, en inglés “greater roadrunner”) é perseguido polas estradas do deserto do suroeste dos Estados Unidos polo famento Wile E. Coyote (coñecido simplemente coma "O Coiote", baseado tamén no animal real do mesmo nome, o coiote (Canis latrans)). Malia as numerosas e enxeñosas tentativas, o Coiote non é quen de apañar nunca ao Correcamiños. Pola contra, todas as súas elaboradas tácticas rematan por prexudicalo a el, covertido na vítima da esaxeradísima (e inocua) violencia da serie, ao mercar armamento, trallos e ferramentas da marca ACME para aniquilar o Correcamiños.

Os personaxes son mudos, agás o son característico do Correcamiños (bib-bip), unha especie de bucina que ten a propiedade de alterar os nervios do Coiote, ou o ruído que a ave fai ao botar a lingua. Porén, os personaxes comuníncase entre si mediante letreiros, que tamén usan para crebar a cuarta parede e se dirixir ao público.

Curiosamente, é o Coiote o personaxe que esperta as simpatías da audiencia, malia ser o agresor, por mor dos seus inútiles esforzos decote por apañar o Correcamiños. Este carece practicamente de personalidade, sendo máis ben o obxecto inacadábel do arelo do Coiote que un personaxe propiamente dito.

O Coiote apareceu máis tarde nalgunhas curtametraxes de Bugs Bunny, así coma tamén nos debuxos de Little Beeper presentada en Tiny Toon Adventures. Nelos, traizoando o espírito da serie orixinal, o Coiote é quen de falar. Nas curtas de Buggs Bunny, denótase coma un “súper xenio” (Operation: Rabbit, 1952; onde falou por vez primeira, e a súa primeira aparición onde é chamado de “Wile E. Coyote”). Noutros debuxos el proclama ter un IQ de 207 (Zip Zip Hooray!, 1965).

NotasEditar