Ntare Mwine
Ntare Guma Mbaho Mwine nado en Nova Hampshire en maio de 1967, é un actor, dramaturgo, fotógrafo e documentalista estadounidense-ugandés.
Ntare Mwine | |
---|---|
![]() Ntare Mwine en abril do 2009. | |
Nome completo | Ntare Guma Mbaho Mwine |
Nacemento | Maio de 1967 |
Lugar | Nova Hampshire, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Uganda |
Educado en | New York University Tisch School of the Arts |
Cónxuxe(s) | Ena Frias (2001 - 2007) (divorciados) |
Profesión | actor (1981-presente) dramaturgo, fotógrafo e documentalista |
Na rede | |
http://www.bewareoftime.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Mwine naceu nos Estados Unidos de América nunha familia de ascendencia ugandesa. O seu pai era un avogado educado na Universidade de Harvard. Cando tiña sete anos, os seus pais sepáranse pero seguía pasando tempo co seu pai (que entón traballaba nas finanzas nos Estados Unidos, incluído un período no Banco Mundial en Washington DC) e coa súa nai (que regresou a África para ensinar psicoloxía na Universidade de Nairobi).
Mwine obtivo unha Mestría en Belas Artes pola Universidade de Nova York. Tamén estudou na Universidade de Virxinia, no Teatro das Artes de Moscova, e no Royal National Theatre de Londres. Estableceuse nos Ánxeles, e conseguiu o seu primeiro traballo profesional interpretando o papel de "Paul" en Six Degrees of Separation polo que recibiu un nomeamento o NAACP Image Award como Mellor Actor.
Aínda que ó longo da súa carreira como actor predominan os traballos en series de televisión (algunhas de moito éxito), tamén aparece en filmes como Diamante de sangue ou 40.
Filmografía Editar
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2010-2011 | Treme | Jacques Jhoni | Serie de televisión |
2010 | The Space Between | Cameroon | |
2009 | 40 | Godwill | |
2006-2009 | Heroes | Usutu / Joseph Al Amir | Serie de televisión |
2001-2008 | CSI | Tom Adler | Serie de televisión |
2002-2008 | ER | Paul Traylor | Serie de televisión |
2008 | The Riches | Maurice Devereaux | Serie de televisión |
2006 | Sleeper Cell | Yakubu | Serie de televisión |
2006 | Diamante de sangue | M'Ed | |
2006 | The Unit | Isaias | Serie de televisión |
2005 | Alias | Benjamin Masari | Serie de televisión |
2000 | Perfect Murder, Perfect Town: JonBenét and the City of Boulder | Det. Everett | Filme de televisión |
1999 | Seven Days | Cliff | Serie de televisión |
1998 | Brimstone | Detective Clemens | Serie de televisión |
1998 | Desert Blue | Axente Green | |
1997 | Don King: Only in America | Emisario | Filme de televisión |
1997 | Clover | Cuñado de Gaten | Filme de televisión |
1996 | Law & Order | Mark Davies | Serie de televisión |
1995 | New York Undercover | Serie de televisión |
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ntare Mwine |
Ligazóns externas Editar
- www.gumadesign.com (en inglés)