Nowhere
Nowhere é o álbum de estrea da banda británica de shoegazing Ride, publicado o día 15 de outubro de 1990 a través do selo Creation Records. Allmusic citou ao disco como un dos mellores álbums do xénero shoegazing, superado só polo traballo de My Bloody Valentine Loveless[1]. Nowhere foi colocado no posto 74 da lista de Pitchfork Media dos 100 mellores álbums dos 90[2], e o seu último tema, "Vapour Trail", foi elixido o número 145 na lista das 200 mellores cancións, tamén de Pitchfork[3]. O álbum tamén está incluído no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer. En outubro de 2016 Pitchfork situouno no número 3 da súa lista dos 50 mellores álbums de shoegaze de todos os tempos.[4]
Nowhere | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ride | ||||
Publicado | 15 de outubro de 1990 | |||
Estudio(s) | Blackwing Studios, Londres | |||
Duración | 51:52 | |||
Xénero(s) | shoegazing, dream pop, noise pop, space rock, neo-psychedelia | |||
Selo(s) | Creation Records | |||
Producido por | Marc Waterman | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
O álbum foi lanzado nos Estados Unidos en decembro de 1990 polo selo Sire Records, contando coas cancións extra "Taste", "Here and Now" e "Nowhere", que xa apareceran no EP Fall. Unha reedición do ano 2001 de Ignition Records engadíu ademais as catro cancións do E Today Forever como cancións extra. En febreiro do 2011, Rhino Handmade publicou unha edición especial polo 20 aniversario de Nowhere, que contiña o álbum orixinal remasterizado con sete temas extra e un disco máis cunha actuación ao vivo non editada anteriormente en The Roxy, Los Angeles, gravada o 10 de abril de 1991. Esta edición incluía ademais un libreto de 40 páxinas con fotografías exclusivas e un novo ensaio do crítico musical Jim DeRogatis, así como un digipak lenticular.
Listaxe de canciónsEditar
Tódolos temas escritos e compostos por Andy Bell agás onde se indique.
Álbum orixinal | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Voces principais | Duración | ||||||
1. | "Seagull" | Gardener and Bell | 6:09 | ||||||
2. | "Kaleidoscope" | Gardener with Bell | 3:01 | ||||||
3. | "In a Different Place" | Gardener | 5:29 | ||||||
4. | "Polar Bear" | Gardener | 4:45 | ||||||
5. | "Dreams Burn Down" | Gardener | 6:04 | ||||||
6. | "Decay" (Mark Gardener) | Gardener | 3:35 | ||||||
7. | "Paralysed" | Bell | 5:34 | ||||||
8. | "Vapour Trail" | Bell | 4:18 |
Cancións extra do CD | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Música | Voces principais | Duración | ||||
9. | "Taste" | Gardener | Andy Bell, Loz Colbert, Mark Gardener, Steve Queralt | Gardener | 3:17 | ||||
10. | "Here and Now" | Bell | 4:26 | ||||||
11. | "Nowhere" | Colbert | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | Bell | 5:23 |
Cancións extra da reedición | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Música | Voces principais | Duración | ||||
12. | "Unfamiliar" | Gardener | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | Gardener and Bell | 5:03 | ||||
13. | "Sennen" | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | Gardener and Bell | 4:23 | |||||
14. | "Beneath" | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | Gardener and Bell | 4:06 | |||||
15. | "Today" | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | Gardener and Bell | 6:26 |
Disco extra: Live at the Roxy, 10 de abril de 1991 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Música | Duración | |||||
1. | "Polar Bear" (Live) | 5:01 | |||||||
2. | "Seagull" (Live) | 5:51 | |||||||
3. | "Unfamiliar" (Live) | Gardener | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | 4:42 | |||||
4. | "Dreams Burn Down" (Live) | 5:28 | |||||||
5. | "Like a Daydream" (Live) | 2:46 | |||||||
6. | "Vapour Trail" (Live) | 3:36 | |||||||
7. | "In a Different Place" (Live) | 5:30 | |||||||
8. | "Perfect Time" (Live) | Gardener | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | 3:26 | |||||
9. | "Taste" (Live) | Gardener | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | 3:27 | |||||
10. | "Nowhere" (Live) | Colbert | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | 8:26 | |||||
11. | "Chelsea Girl" (Live) | Gardener | Bell, Colbert, Gardener, Queralt | 4:34 | |||||
12. | "Drive Blind" (Live) | 6:59 |
NotasEditar
- ↑ Recensión de Nowhere en allmusic.com (en inglés)
- ↑ 100 mellores álbums dos 90 de Pitchfork Media
- ↑ 200 mellores cancións dos 90 de Pitchfork Media
- ↑ Pitchfork (ed.). "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Consultado o 24 de outubro de 2016.