Abrir o menú principal

Ride é unha banda inglesa de rock alternativo formada en 1988 en Oxford. Estivo composta por Andy Bell, Mark Gardener, Laurence "Loz" Colbert e Steve Queralt, e inicialmente formou parte da escena "shoegazing" emerxida en Inglaterra a principios dos anos 90. Tras a separación do grupo en 1996, os membros movéronse a varios proxectos, entre os que destacou Andy Bell, que se converteu no baixista de Oasis. No ano 2001 a banda reuníuse brevemente para unha única actuación nun programa de televisión. O álbum de estrea da banda, Nowhere, é considerado un dos mellores traballos do xénero shoegazing, e foi colocado no posto 74 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 90", e o seu tema "Vapour Trail" foi elixida a 145 da lista das "200 mellores cancións dos 90", tamén de Pitchfork Media. O álbum tamén está incluído no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer.

Ride
Ride 2015 Saint Andrews Hall Detroit MI.jpg
OrixeOxford, Inglaterra Inglaterra
Período1988 - 1996
2001
2014 - presente
Xénero(s)rock alternativo, shoegazing
Selo(s) discográfico(s)Creation, Warner, Sire, The First Time
MembrosAndy Bell
Laurence Colbert
Mark Gardener
Steve Queralt
Páxina webhttp://ridemusic.net/

O día 18 de novembro do 2014 anunciouse que Ride reuiríase novamente e realizaría unha serie de concertos por Europa e Norteamérica nos meses de maio e xuño de 2015.[1]

DiscografíaEditar

Álbum Ano Selo
Nowhere 1990 Creation Records
Going Blank Again 1992 Creation Records
Carnival of Light 1994 Creation Records
Tarantula 1996 Creation Records
Weather Diaries 2017 Wichita Recordings

NotasEditar

  1. Pitchfork (ed.). "Ride Reunite, Announce World Tour". Consultado o 19 de novembro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar