Novica Veličković
Novica Veličković, nado o 5 de outubro de 1986 en Belgrado, é un ex xogador profesional de baloncesto serbio, que foi ademais internacional coa selección serbia.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1986 (38 anos) Belgrado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Serbia Serbia e Montenegro Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 204 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 109 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua serbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 12 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | Campionato europeo de baloncesto de 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2007 | Campionato europeo de baloncesto de 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarVeličković debutou coma profesional co KK Partizan durante a tempada 2004-05. Debutou co equipo serbio na Euroliga o 3 de novembro de 2005, anotando dous puntos contra o Élan Béarnais francés.[1]
O 23 de xuño de 2009, Veličković asinou co Real Madrid da Liga ACB un contrato por dúas tempadas con opción a unha máis.[2] En xuño de 2012, o Real Madrid decidiu rescindir o contrato de Veličković debido ás súas numerosas lesións.[3]
O 31 de xaneiro de 2013, Veličković asinou ata final de tempada co KK Mega Basket serbio.[4]
O 5 de agosto de 2013, Veličković asinou un contrato por unha tempada co Brose Baskets da Basketball Bundesliga.[5] O 20 de febreiro de 2014, o equipo alemán rescindiu o contrato do xogador. Catro días máis tarde, volveu ó KK Mega Basket ata final de tempada.
O 21 de xuño de 2014, asinou un contrato dun ano co Trabzonspor BK turco.[6]
O 1 de marzo de 2016, Veličković deixou o Trabzonspor e asinou de novo co KK Partizan ata final de tempada.[7] O 8 de xullo de 2021, tras a tempada na que se converteu no xogador que máis partidos disputou coa camiseta do Partizan, Veličković anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.[8]
Notas
editar- ↑ "Partizan Pau-Orthez (57-82)". Euroleague.net. 3 de novembro de 2005. Consultado o 23 de marzo de 2017.
- ↑ "Real Madrid lands Rising Star Velickovic". Euroleague.net. 23 de xuño de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
- ↑ Carchia, E. "Ante Tomic and Novica Velickovic to leave Real Madrid". Sportando. Consultado o 13 de agosto de 2012.
- ↑ "Mega Vizura signs Novica Velickovic on a short-term contract". Sportando. Consultado o 16 de maio de 2013.
- ↑ "Brose Baskets Bamberg announced Novica Velickovic". Sportando. Consultado o 5 de agosto de 2013.
- ↑ "Trabzonspor announces Hardy, Simmons and Velickovic". sportando.net. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ "Novica Veličković ponovo u Partizanu". kkpartizan.rs (en serbio). 1 de marzo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2016.
- ↑ Novica Velickovic anuncia su retirada con 34 años