Ng Yi-Sheng
escritor singapurense
Ng Yi-Sheng, nado en Singapur o 25 de novembro de 1980, é un poeta e editor singapurés.
Ng Yi-Sheng | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de novembro de 1980 |
Lugar de nacemento | Singapur |
Nacionalidade | Singapur |
Alma máter | Universidade de Columbia, Anglo-Chinese School e Universidade da Ânglia Oriental |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Despois de vivir en Hong Kong e Singapur licenciouse na Universidade de Columbia en Literatura comparada e escrita creativa. Á volta a Singapur traballou para o Instituto das Artes de Singapur e en 2013 cursou un mestrado en escrita creativa na Universidade de East Anglia (Norwich, Reino Unido).
ObraEditar
Ademais de colaboracións en revistas, entre as súas publicacións cóntanse:
- Last Boy (2006)[1], poesía.
- A Gay Anthology of Singapore Poetry and Prose (2010)[2], coeditor da antoloxía.
- SQ21: Singapore queers in the 21st century (2006), ensaio sobre a comunidade LGTB en Singapur.
- Serve (obra de teatro)
- Snake (obra de teatro)
- Redhill Blues (obra de teatro)
- Hungry(obra de teatro)
- 251 (2007), unha obra de teatro sobre a vida da actriz porno singapuresa Annabel Chong
- Georgette (2007), drama musical sobre a vida de Georgette Chen.
NotasEditar
- ↑ Last Boy
- ↑ "A Gay Anthology of Singapore Poetry and Prose". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2013.