New Technology File System
NTFS (New Technology File System, "Sistema de Ficheiros de Nova Tecnoloxía"); é un sistema de ficheiros utilizado polas versións de Microsoft Windows cun núcleo (kernel) baseado en NT. A versión máis nova é a empregada por Windows XP que é a 3.1 (chamada ás veces 5.1 pola versión do Kernel).
Características
editarNTFS é o sistema ficheiros estándar de Windows NT e dos seus descendentes (as gamas 2000, XP e 2003). As versións 9x (MS-DOS, Windows 95, Windows 98 e Windows ME) non poden ler este sistema de ficheiros de maneira predeterminada, pero existen utilidades para salvar esta carencia.
NTFS substituíu o anterior sistema de ficheiros de Microsoft, chamado FAT común a MS-DOS e ás versións temperás de Windows.
NTFS incorpora moitas melloras sobre o sistema FAT, como compatibilidade mellorada con metadatos, e o uso de estrutura de datos avanzadas (árbores-B) para optimizar o rendemento, estabilidade, e o aproveitamento do espazo no disco, ademais de novas características adicionais, como a seguridade, as listas de control de acceso, o rexistro de transaccións (journaling) e poder asociar uns ficheiros a outros.
Hai tres versións de NTFS: v1.2 en NT 3.51 e NT 4, v3.0 en Windows 2000 e v3.1 en Windows XP e Windows 2003 Server. Estas versións reciben en ocasións as denominacións v4.0, v5.0 e v5.1, en relación coa versión de Windows na que foron incluídas. As versións máis recentes van incluíndo algunhas características novas: en Windows 2000 introducíronse as cotas.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |