Nerio I Acciaioli

Nerio I Acciaioli, finado o 25 de setembro de 1394, foi un aristócrata italiano de Florencia que ascendeu ao poder na Grecia franca durante as últimas décadas do século XIV, chegando a se converter en duque de Atenas.

Modelo:BiografíaNerio I Acciaioli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIV Editar o valor en Wikidata
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1394 Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Duque de Atenas
1388 – 25 de setembro de 1394
← Pedro IV de AragónAntonio I Acciaioli → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamília Accioli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosFrancesca Acciaiuoli, Bartolomea Acciaiuoli, Antonio I Acciaioli Editar o valor en Wikidata
PaiJacopo Acciaiuoli Editar o valor en Wikidata
IrmánsDonato Acciaiuoli di Cassano
Angelo Acciaioli
Giovanni Acciaiuoli Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nerio era o fillo de Jacopo Acciaioli e Bartolommea Ricasoli, e o irmán máis novo de Donato e irmán máis vello de Giovanni. Cando morreu o seu parente Niccolò Acciaioli, gran senescal de Nápoles, que era dono de terras e castelos en Acaia e Corinto e fixera a Donato o seu vigairo en Grecia (1371), o seu fillo e sucesor, Angelo Acciaioli, substituíu a Donato con Nerio en Grecia. Participou no Consello dos cruzados de Tebas en outubro de 1373, pero toda a súa planificación non chegou a nada. En 1374, cando morreu o vigairo xeral catalán de Atenas, Mateo de Peralta, Nerio atacou Megara e tomouna. Esta foi a primeira acción da súa longa carreira de conquista e expansión. Posteriormente á captura de Megara, Nerio participou nunha guerra case constante cos cataláns que gobernaban en Atenas.

En 1378, Nerio foi recrutado xunto coa Compañía navarra polo Gran Mestre dos Hospitalarios Johan Ferrández d'Heredia para a súa guerra con Arta no Despotado de Epiro. Nerio, á súa vez, recrutou ao navarro Joanes Urtubia, que tiña o resto da compañía con preto dun centenar de soldados e cruzou o golfo de Corinto. En 1379, Joanes Urtubia capturou Tebas.

O 7 de xullo de 1385, Nerio asumiu o título dominus Choranti et Ducaminis: "señor de Corinto e do Ducado de Atenas." No inverno dese ano, combateu exitosamente contra os otománs. En 1386, anexara a cidade baixa de Atenas. Adquiriu a Acrópole por conquista o 2 de maio de 1388, a pesar de que unha praga o obrigou a regresar coa súa familia a Tebas pouco despois.

O 29 de decembro de 1391, Nerio asinou un tratado con Amadeo, príncipe de Acaia, contra os navarros. Nerio foi feito duque de Atenas por Ladislau I de Nápoles o 11 de xaneiro de 1394. Ocupou este título durante nove meses antes da súa morte.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Setton, Kenneth M. (xeneral editor) A History of the Crusades: Volume III The Fourteenth and Fifteenth Centuries. Harry W. Hazard, editor. University of Wisconsin Press: Madison, 1975.
  • Setton, Kenneth M. Catalan Domination of Athens 1311–1380. Revised edition. Variorum: Londres, 1975.