Nencatacoa

Deidade muisca

Nencatacoa ou Nem-catacoa era o deus e protector dos fabricantes de mantos, dos artistas e das festividades na relixión dos muiscas.[1] Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e o seu traballo artesanal do ouro era ben coñecido e respectado, o que facía que Nencatacoa fose unha deidade protectora salientable.[1]

Nencatacoa
Deus dos artistas, da danza e as festividades[1]
Membro da Relixión muisca
Nencatacoa axudou ós muiscas a construír os seus fogares (bohíos).
Outros nomesNem-catacoa
AnimaisRaposo ou oso
XéneroMasculino
RexiónAltiplano Cundiboyacense
Colombia
Grupo étnicoPobo muisca
Equivalentes
Equivalente gregoPan, Dioniso, Apolo
Equivalente romanoDioniso

Descrición editar

 
Tunjo zoomorfo no Museo do Ouro.

Nencatacoa era representado coa forma dun animal da saleva, feito de ouro e cuberto cun manto. Nencatacoa parecíase a un raposo ou a un oso,[2] xa que como describiu Pedro Simón, "un animal con esa forma aparecía múltiples veces".[1]

Era o deus protector dos tecedores, unha actividade que era moi importante entre os muiscas, que empregaban gran cantidade de materiais de fabricación, pero principalmente algodón e fique.[1]

 
Chicha; bebida alcohólica de millo fermentado que se bebía nas festividades adicadas a Nencatacoa.

Nencatacoa era tamén o protector dos artistas e pintores que facían creacións na roupa, na cerámica, na ourivaría, na escultura e en petróglifoss con diferentes figuras antropomórficas, zoomórficas e ideogramas.[3]

Ademais, Nencatacoa era o deus das festividades, das borracheiras e a danza. Os muiscas bebían chicha, unha clase de bebida alcohólica baseada na fermentación do millo. Cando os pobos indíxenas construían as súas casas, axudáballes erguendo os pesados postes. Mesmo durante a construción das súas casas (bohíos) e templos, os muiscas bebían grandes cantidades de chicha.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ocampo López, 2013, Ch. 9, p.57
  2. Description Nencatacoa – Pueblos Originarios (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Ocampo López, 2013, Ch. 9, p.58

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. ISBN 978-958-14-1416-1.