Manuel Gestoso Costas

(Redirixido desde "Chicha")

Manuel Gestoso Costas, máis coñecido como Chicha, nado en Bouzas, Vigo, foi un futbolista dos anos 20 que xogaba na demarcación de dianteiro e armador galego. Irmán do tamén futbolista do Celta de Vigo Antonio, ao que se coñeceu como Chicha II.

Manuel Gestoso Costas
Información persoal
  Vigo
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fichou polo recentemente creado Celta de Vigo, froito da fusión do Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, en 1924 procedente do Rápido de Bouzas.

Comezou a despuntar xa na súa primeira tempada no club celeste, destacando un encontro amigábel ante o Sporting de Gijón que remataría con vitoria viguesa por 8-1, con tres goles de Chicha e catro de Ramón Polo. Ese primeiro ano o club gañaría o seu primeiro trofeo, o Campionato de Galicia de fútbol. Ao longo da súa carreira no Celta gañaría este trofeo catro veces (1924, 1925, 1926 e 1930).

O 30 de decembro de 1928 tivo tamén a honra de participar e anotar no encontro de inauguración do Estadio Municipal de Balaídos ante o Real Unión de Irún, que rematou con vitoria celeste por 7-0.

Finalmente retiraríase do fútbol profesional ao remate da tempada 1929/30, primeira do fútbol profesional moderno e na que o Celta se viu encadrado na Segunda División, pese aos bos resultados que lle daban dereito a facelo na máxima categoría. Entre estes méritos están o subcampionato da Copa do Rei acadado no ano 1908 polo Vigo Foot-ball Club, antecesor do Real Vigo Sporting Club.

1930 remataría non só co non ascenso a Primeira División senón co descenso a Terceira, xa que daquela non existía a Segunda División B.

Nos mellores anos da súa carreira foi internacional coa Selección española de fútbol[1].

Unha vez retirado do fútbol converteuse en armador de buques de pesca en Bouzas.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar