Abrir o menú principal

Nen@s da Revolta

grupo musical galego

Nen@s da Revolta (habitualmente pronunciado Nenas da Revolta), foron un grupo galego formado a comezos da década dos noventa na cidade de Vigo no contorno do Centro Social Ocupado Ruela. Nos seus comezos, con tres membros, o grupo seguiu un estilo vencellado ao hardcore, porén tras un parón de tres anos e coa incorporación de novos membros experimentaron unha evolución cara á música de mestizaxe, abríndose a múltiples influencias dende os sons latinos e caribeños á música popular galega ou o hip hop.

Nen@s da Revolta
OrixeVigo, Pontevedra, Galiza Flag of Galicia.svg
Período1993 - 2001
Xénero(s)Mestizaxe, Raggamuffin, Ska, Hip-Hop, Hardcore
Selo(s) discográfico(s)Sons de Luita, Boa Music
MembrosOmar Alawi, Óscar Horta, Gonzalo Muinhos, Serxio Crespo, Xoan Rúa, Noelia dos Santos e Tamara Martínez

En 1998 publicaron o seu primeiro álbum Raggaliza dissidente + A Revolta d@s Nen@s. Xunto a nove temas marcados polas influencias caribeñas, aparecen outros seis da primeira etapa da banda. O traballo editouse baixo o selo Sons de Luita. Seguiuno As vozes roubadas, no ano 2000 baixo o selo Boa Music, cunha produción máis profesional. Ese mesmo ano un dos temas dese álbum ("Rebeliom na granja") foi escollido para o recompilatorio Radical Mestizo Dos Punto Mil, do selo Revelde Discos, xunto con outros artistas como Fermin Muguruza, Hechos contra el decoro, Manu Chao, Orichas ou Os Diplomáticos de Monte-Alto.

As letras dos dous álbums teñen un carácter político, tratando temas como a situación de Galiza baixo os gobernos de Manuel Fraga, a situación das persoas presas, a liberdade sexual, a liberación animal, ou a loita feminista. Ademais, o grupo presentou todos os seus títulos e letras en galego reintegrado.

O grupo disolveuse no ano 2001, aínda que o volveron a reunirse sobre un escenario en Vigo o 14 de marzo do 2008 na celebración do vinte aniversario de Radio Piratona, xunto a Tiro na Testa e a La Vaga Banda.

Algúns dos seus membros participaron en en proxectos como A Matraca Perversa ou Galegoz.

DiscografíaEditar

Presenza en recompilatoriosEditar