Abrir o menú principal

Óscar Horta

activista polos dereitos dos animais, filósofo e ex-cantante galego

Oscar Horta Álvarez[1] é un activista polos dereitos dos animais e filósofo moral galego. É profesor na Universidade de Santiago de Compostela e membro da organización Ética Animal. Tamén foi investigador na Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e na Universidade de Rutgers.

Óscar Horta
Oscar horta.jpg
Nacemento1974
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilósofo, profesor, cantante e letrista
editar datos en Wikidata ]

PensamentoEditar

Horta ten definido o especismo como unha forma de discriminación contra quen non pertence a unha ou máis especies, entendendo por discriminación unha consideración ou trato desigual inxustificado.[2] Horta considera que son especistas todas as formas de discriminación que distinguen entre aqueles individuos que pertencen a distintas especies, sexa a razón para esta a mera pertenza á especie ou outras razóns (como a posesión de capacidades cognitivas complexas).[3] Indica que se sostén o mesmo no caso do racismo ou o sexismo.[2] Tamén argumenta que a discriminación contra os animais non humanos é só un caso de especismo, o antropocentrismo, pois tamén sería especista discriminar certos animais non humanos fronte a outros.[4][5] No que atinxe aos argumentos acerca do especismo antropocéntrico ten examinado en particular o argumento da superposición de especies e o argumento da relevancia.[6][7] [8]

Tamén ten traballado acerca da situación dos animais no mundo salvaxe, argumentando que, contra a visión "idílica" da natureza, os animais enfróntanse a diferentes causas de sufrimento, e investigando as situación nas que é posíbel prestarlles axuda sen causar danos maiores. [9][10][11][12][13]

Por outra parte, de xeito non restrinxido ao ámbito específico da ética animal, ten escrito cuestionando o concepto de estátus moral,[14] e sobre a cuestión dos criterios a incluír na definición da discriminación.[15][16] Tamén ten traballado sobre o problema da transitividade en teoría do valor.[17]

ObraEditar

Entre os seus traballos inclúense os seguintes:

  • "Discrimination in Terms of Moral Exclusion", en Theoria: Swedish Journal of Philosophy (2010)
  • "Expanding Global Justice: The Case for the International Protection of Animals", en Global Policy (2013)
  • "The scope of the argument from species overlap", Journal of Applied Philosophy (2014)
  • Una morale per tutti gli animali: al di là dell’ecologia (Mimesis, 2014)
  • "Igualitarismo, igualação por baixo, antropocentrismo e valor da vida", en Synesis (2016)
  • "Why the concept of moral status should be abandoned", en Ethical Theory and Moral Practice (2017)
  • "Le mal dans la nature: Fondements évolutionnistes de la prédominance de la disvaleur", en Les Cahiers Antispécistes (2018)
  • "Moral considerability and the argument from relevance", en Journal of Agricultural and Environmental Ethics (2018)
  • Na defensa dos animais (Axóuxere, 2019)

NotasEditar

  1. "ORCID". orcid.org. Consultado o 2019-09-02. 
  2. 2,0 2,1 Horta, Oscar. 2010. "What is speciesism?" Journal of Agricultural and Environmental Ethics 23 (3): 243-66, pp. 244-27. doi 10.1007/s10806-009-9205-2
  3. A súa posicióne é criticada en Jaquet, François. 2019. "Is speciesism wrong by definition?. Journal of Agricultural and Environmental Ethics, 1-12, quen defende unha concepción descritiva en lugar de normativa como a de Horta.
  4. Horta, Oscar. 2013. "Animals, Moral Status of", in LaFollette, Hugh, International Encyclopedia of Ethics. Hoboken: Wiley, 292-302 doi 10.1002/9781444367072.wbiee156
  5. Esta posición sería contraria á defendida en Waldau, Paul. 2001. The Specter of Speciesism: Buddhist and Christian Views of Animals. Oxford: Oxford University Press.
  6. Horta, Oscar. 2010. "El fracaso de las respuestas al argumento de la superposición de especies. Parte 1: la relevancia moral de los contraejemplos a las defensas del antropocentrismo". Astrolabio: Revista Internacional de Filosofía. 10: 55-84.
  7. Horta, Oscar. 2014. "The scope of the argument from species overlap". Journal of Applied Philosophy 31 (2): 142-54. doi 10.1111/japp.12051.
  8. Horta, Oscar. 2018. "Moral considerability and the argument from relevance" Journal of Agricultural and Environmental Ethics 31 (3): 369-88, p. 370. doi 10.1007/s10806-018-9730-y
  9. Horta, Oscar. 2017. "Contra a ética da ecologia do medo: por uma mudança nos objetivos de intervenção na natureza", Ethic@, 16, 165-188. doi 10.5007/1677-2954.2017v16n1p165.
  10. Horta, Oscar. 2015. "O problema do mal natural: bases evolutivas da prevalência do desvalor". Revista Brasileira de Direito Animal, 10, 111-135 doi 10.9771/rbda.v10i20.15299.
  11. Horta, Oscar. 2013. "Zoopolis, Intervention and the State of Nature". Law, Ethics and Philosophy 1: 113-125.
  12. Horta, Oscar. 2017. "Animal Suffering in Nature: The Case for Intervention". Environmental Ethics 39 (3): 261-79 doi 10.5840/enviroethics201739320.
  13. Dorado, Daniel. 2015. "Ethical Interventions in the Wild. An Annotated Bibliography". Relations. Beyond Anthropocentrism 3 (2): 219-38. doi 10.7358/rela-2015-002-dora.
  14. Horta, Oscar. 2017. "Why the concept of moral status should be abandoned" Ethical Theory and Moral Practice 20 (4): 899-910. doi 10.1007/s10677-017-9829-7
  15. Horta, Oscar. 2010. "Discrimination in Terms of Moral Exclusion". "Theoria: Swedish Journal of Philosophy" 76: 346-364 doi 10.1111/j.1755-2567.2010.01080.x .
  16. Horta, Oscar. 2015. "Does Discrimination Require Disadvantage?". "Moral Philosophy and Politics" 2: 277-297 doi 10.1515/mopp-2014-0032.
  17. Horta, Oscar. 2011. "Betterness, Spectrum Cases and the Challenge to Transitivity in Axiology", Diacritica. 25: 125-137.Horta, Oscar. 2014. "In Defense of the Internal Aspects View: Person-Affecting Reasons, Spectrum Arguments and Inconsistent Intuitions", Law, Ethics and Philosophy. 2: 91-111.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar