Os narodne pesme ("cancións/poemas populares" en serbocroata) son poemas narrativos populares tradicionais dos Balcáns baseados en acontecementos históricos creados por individuos dunha sociedade analfabeta, ou semi, e conservados na tradición oral.

Foron publicados por vez primeira polo erudito serbio Vuk Stefanović Karadžić no século XIX, que pasou boa parte da súa vida recolléndoos dos guslari, cando aínda existían moitos destes bardos itinerantes.

Existen nove ciclos épicos destes poemas. O máis famoso é o ciclo de Kosovo, un conxunto de baladas e lais compostas a raíz da batalla de Kosovo (1839), cando os serbios foron derrotados polos turcos. Hai un ciclo anterior ao de Kosovo que trata de mitos e lendas e un ciclo de Marko Kraljević, que trata fundamentalmente dos feitos dun guerreiro semi-lendario con ese nome. O cuarto ciclo principal (o máis recente) inclúe todos os poemas relacionados coa loita contra os turcos durante o século XIX. Os outros cinco teñen como temas, un os nobres serbios e os seus conflitos após a batalla de Kosovo até fins do século XV, outro as fazañas dos hajduks (guerrilleiros-bandidos) contra os turcos e os outros tres a loita dos montenegrinos, bosníacos e dálmatas contra as potencias invasoras.

Os nove ciclos constitúen un dos corpus de poesía oral existentes máis notorios. Colócanse á par das baladas homéricas.