Nanotubo de membrana

Os nanotubos de membrana ou nanotubos tuneladores (TNT, tunneling nanotubes) son uns tubos longos e finos formados na membrana plasmática e proxectados cara ao exterior da célula, que conectan distintas células animais desde grandes distancias.[1] O diámetro destas estruturas vai de 50 a uns poucos centos de nanómetros e poden ter lonxitudes de varios diámetros celulares.[2] Observáronse dous tipos de nanotubos. O primeiro tipo ten menos de 0,7 micrómetros de diámetro, contén actina e transporta compoñentes da membrana plasmática (proteínas, lípidos) entre dúas células nas dúas direccións. O segundo tipo é meirande en grosor (>0,7 μm), contén tanto actina coma microtúbulos e pode transportar compoñentes do citoplasma entre as dúas células, como poden ser vesículas e orgánulos.[3]

A Imaxe de fluorescencia de células vivas en 3D de alta resolución dun nanotubo (frecha branca) que conecta dúas células mesoteliais primarias unha hora despois de colocadas sobre unha placa cuberta de coláxeno I. Para facilitar a detección, as membranas celulares foron marcadas con WGA Alexa Fluor® 488. Barra de escala: 20 µm.
B Representación dun nanotubo (frecha negra) entre dúas células visto con microscopio electrónico de varrido unha hora despois de colocar a célula nunha placa. Barra de escala: 10 µm.
C F-actina marcada con faloidina fluorescente, que mostra a actina presente nos nanotubos entre HPMCs individuais (frecha branca). Barra de escala: 20 µm.
D Imaxe de microscopio electrónico de varrido dunha extensión similar a un filopodio asociado ao substrato como potencial precursor dos nanotubos (punta de frecha negra). O recadro pequeno mostra unha imaxe de microscopio de fluorescencia de protrusións semellantes a filopodios asociadas ao substrato que se aproximan a unha célula veciña (punta de frecha branca). Barra de escala: 2 µm.

Estas estruturas poden estar implicadas na comunicación entre células,[4] na transferencia de ácidos nucleicos entre as células dun tecido,[5] e na transmisión de toxinas ou patóxenos como o VIH[6] e prións.[7]

Os nanotubos de membrana foron descritos primeiramente nun artigo da revista científica Cell en 1999, que trataba sobre o desenvolvemento dos discos imaxinais da á da mosca Drosophila melanogaster.[8] Máis recentemente, un artigo da revista científica Science publicado en 2004 describía unhas estruturas que conectaban varios tipos de células inmunes, que tamén estaban presentes en células en cultivo.[9][10] Non son estruturas permanentes; a duración destas estruturas vai desde uns poucos minutos a varias horas,[11] e foron implicadas varias proteínas na súa formación e inhibición.

Estas estruturas funcionalmente teñen certa similitude cos plasmodesmos, que interconectan as células vexetais,[12] e os estrómulos, que interconectan plastos.[13] Unha estrutura parecida chamada citonema permite o intercambio entre centros de sinalización, pero non sempre conectan dúas células e poden actuar só como sensores ambientais.[14]


Notas editar

  1. Davis DM, Sowinski S (2008). "Membrane nanotubes: dynamic long-distance connections between animal cells". Nat. Rev. Mol. Cell Biol. 9 (6): 431–6. PMID 18431401. doi:10.1038/nrm2399. 
  2. Rustom A, Saffrich R, Markovic I, Walther P, Gerdes HH (febreiro de 2004). "Nanotubular highways for intercellular organelle transport". Science 303 (5660): 1007–1010. Bibcode:2004Sci...303.1007R. PMID 14963329. doi:10.1126/science.1093133. 
  3. Onfelt B, Nedvetzki S, Benninger RK; et al. (2006). "Structurally distinct membrane nanotubes between human macrophages support long-distance vesicular traffic or surfing of bacteria". J. Immunol. 177 (12): 8476–83. PMID 17142745. 
  4. Onfelt B, Davis DM (2004). "Can membrane nanotubes facilitate communication between immune cells?". Biochem. Soc. Trans. 32 (Pt 5): 676–8. PMID 15493985. doi:10.1042/BST0320676. 
  5. Belting M, Wittrup A (2008). "Nanotubes, exosomes, and nucleic acid-binding peptides provide novel mechanisms of intercellular communication in eukaryotic cells: implications in health and disease". J. Cell Biol. 183 (7): 1187–91. PMC 2606965. PMID 19103810. doi:10.1083/jcb.200810038. 
  6. Sowinski S, Jolly C, Berninghausen O; et al. (2008). "Membrane nanotubes physically connect T cells over long distances presenting a novel route for HIV-1 transmission". Nat. Cell Biol. 10 (2): 211–9. PMID 18193035. doi:10.1038/ncb1682. 
  7. Gousset K, Schiff E, Langevin C; et al. (2009). "Prions hijack tunnelling nanotubes for intercellular spread". Nat. Cell Biol. 11 (3): 328–36. PMID 19198598. doi:10.1038/ncb1841. 
  8. Ramírez-Weber FA, Kornberg TB (1999). "Cytonemes: cellular processes that project to the principal signaling center in Drosophila imaginal discs.". Cell 97 (5): 599–607. PMID 10367889. doi:10.1016/S0092-8674(00)80771-0. 
  9. Onfelt B, Nedvetzki S, Yanagi K, Davis DM (1 August 2004). "Cutting edge: Membrane nanotubes connect immune cells". J. Immunol. 173 (3): 1511–3. PMID 15265877. 
  10. Rustom A, Saffrich R, Markovic I, Walther P, Gerdes HH (2004). "Nanotubular highways for intercellular organelle transport". Science (journal) 303 (5660): 1007–10. Bibcode:2004Sci...303.1007R. PMID 14963329. doi:10.1126/science.1093133. 
  11. Gurke S, Barroso JF, Gerdes HH (maio de 2008). "The art of cellular communication: tunneling nanotubes bridge the divide". Histochemistry and Cell Biology 129 (5): 539–550. PMC 2323029. PMID 18386044. doi:10.1007/s00418-008-0412-0. 
  12. Gallagher KL, Benfey PN (2005). "Not just another hole in the wall: understanding intercellular protein trafficking". Genes Dev. 19 (2): 189–95. PMID 15655108. doi:10.1101/gad.1271005. 
  13. Köhler RH, Cao J, Zipfel WR, Webb WW, Hanson MR (1997). "Exchange of protein molecules through connections between higher plant plastids". Science 276: 1039–1042. 
  14. Austefjord MW, Gerdes HH, Wang X (xaneiro de 2014). "Tunneling nanotubes: Diversity in morphology and structure". Communicative & Integrative Biology 7 (1): e27934. PMC 3995728. PMID 24778759. doi:10.4161/cib.27934. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar