Nadine Sierra

Nadine Sierra, nada en Fort Lauderdale o 17 de maio de 1988, é unha soprano lírica estadounidense.

Nadine Sierra
Nadine Sierra 2013-10-12 cropped.jpg
Nadine Sierra en 2013
Nome completoNadine Sierra
Nacemento17 de maio de 1988 (32 anos).
OrixeFort Lauderdale Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
Relacionado conLeo Nucci, Stefano Secco
Tempo en activo2002 — actualidade
Na rede
nadinesierra.com/
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Fort Lauderdale, Florida, en 1988. Asistiu á Alexander W. Dreyfoos School of the Arts en West Palm Beach, Florida[1] e formouse no Mannes College of Music e na Music Academy of the West, de Marilyn Horne.

Cantou cando tiña 14 anos coa Palm Beach Opera e fixo a súa estrea operística con 15 anos en Hänsel e Gretel de Engelbert Humperdinck. Nese mesmo ano apareceu no programa da radio pública italiana interpretando O mio babbino caro de Gianni Schicchi. Fixo o seu primeiro concerto en Helsinqui no 2009.

En outubro de 2009 cantou no Cruceiro Mediterráneo Marilyn Horne que percorreu Italia, Croacia, Turquía e Grecia. En xaneiro de 2011 regresou a Palm Beach Opera con Orfeo e Eurídice no papel protagonista. En xaneiro de 2012, apareceu como Gilda en Rigoletto na Florida Grand Opera, papel no que apareceu tamén en 2013 no Teatro San Carlo de Nápoles, na Metropolitan Opera House en 2015 e en xaneiro 2016 na La Scala de Milán con Leo Nucci.[2][3]

Cantou no Concerto de Aninovo 2016 en La Fenice de Venecia con Stefano Secco[4] e no Concerto de Aninovo 2017 en Teatro Massimo de Palermo.

PremiosEditar

Entre outros:

  • 2007: Palm Beach Opera Vocal Competition
  • 2009: Metropolitan Opera National Council Auditions [5]
  • 2009: Florida Grand Opera Competition, Primeiro premio categoría xove, Miami [6]
  • 2010: Gerda Lissner Foundation Competition, Unua premio, New York City [7]
  • 2013: Neue Stimmen, Primeiro premio do xurado popular, Gütersloh [8]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar