Nacionalismo lombardo

movemento rexionalista

O nacionalismo lombardo é un movemento nacionalista, mais principalmente rexionalista, activo principalmente na Lombardía, Italia. O movemento procura máis autonomía ou mesmo a independencia da rexión da Lombardía e de todos os territorios vinculados lingüisticamente ou historicamente a Lombardía.[1] Durante a década de 1990, estivo estreitamente conectado co nacionalismo padano.

Unha das bandeira históricas da Lombardía (utilizado pola Liga lombarda e o Ducado de Milán).

No presente, os principais partidos nacionalistas lombardos son a Lega Lombarda e Pro Lombardia Indipendenza.

Historia editar

 
Giovanni Baratta: Alegoría da Lombardía (Bode-Museum, Berlín).

Ao igual que no resto de Europe, durante o romanticismo houbo un espertar do sentimento nacionalista na Lombardía. A creación napoleópnica da República Cispadana, que posteriormente foi substituída pola Cisalpina, abriu as portas ao debate político sobre o status da Lombardía. Carlo Botta, un político piemontés, escribiu un libro titulado Proposition to the Lombards about a way of free government, onde reivindicou a necesidade dunha constitución para a Nación Lombarda, independente da francesa e inspirada na revolución.[2] Ao mesmo tempo, Giuseppe Faroni propuxo un proxecto de constitución titulado Constitutional pole for the Lombard Republic.[3]

Notas editar

  1. "La Lombardia storica" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2021. Consultado o 05 de novembro de 2021. 
  2. "Carlo Botta – Biografia". Treccani (en italiano). 
  3. "Polo Costituzionale per la Repubblica Lombarda" (PDF) (en italiano).