Nós, os inadaptados

artigo ensaístico de Vicente Risco

Nós, os inadaptados é un artigo ensaístico, de nove páxinas, do autor ourensán Vicente Risco, publicado no número 115 da revista Nós, o 25 de xullo de 1933 (pp. 115–123). Nel mostrou a súa concepción cíclica e espiritual da historia.

Características

editar

No seu ensaio -bandeira da xeración Nós- Risco expón os problemas persoais e comúns da súa época. Cre firmemente nunha casta moral verdadeira, pero non casta social, senón casta espiritual:

E andivemos pelengrinando pol-as cosmogonías e pol-as culturas en demanda do insólito. Interrogamol-os misterios dos Egipcios en Samblico, en Plutarco, nos hierogliphos, en libros modernos como do egiptologo alemán Adolfo Erman en col da magia egipcia. Buscámosll'as voltas ao Budhismo; solagamos na teosofía, procuramos revelaciós no Popol Vuh de Guatemala, no Libro da Geración d' Adán dos Nabatheus, no Kalevala de Finlandia, en Eliphas Levi e mais en De Mirville. Eu mesmo metinme a estudal-as religiós da India, as seis Darshanas ortodoxas, os sistemas disidentes de Siddhartha e de Mahavisa, as filosofías malditas dos Lokayata, dos Saktistas e dos Thougs; cheguei a deprendel-as declinaciós e conjugaciós sanskritas, a ler decorrido o alfabeto devanagari.[1]

Así pois neste ensaio explícanse as causas e os motivos do seu desapego cara ao mundo dos filisteos, das barrigas acomodadas que eles tanto denostaban. Tamén cita os gustos e preferencias literarias: Thomas Carlyle, Edgar Allan Poe, Charles Baudelaire, Gabriele d'Annunzio, Henrik Ibsen, Friedrich Nietzsche, Novalis, Jan van Ruusbroec, Omar Khayyam, Rabindranath Tagore, Ángel Ganivet, Joan Maragall, Rubén Darío, Afonso Lopes Vieira, José Maria Eça de Queirós, Teixeira de Pascoaes etc. E do paso da actitude contemplativa á actividade político-cultural narrando a viaxe interior que esta xeración realiza en busca das súas orixes e identidade en tempos de decadencia.

  1. Risco, Vicente (25/7/1933). "Nós, os inadaptados". Nós (revista) (115): 115–123. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar