Myroslav Slaboshpytskyi
Myroslav Mykhailovych Slaboshpytskyi (en ucraíno: Мирослав Михайлович Слабошпицький), nado en Kíiv o 17 de outubro de 1974, é un director de filmes ucraíno.
(2015) | |
Nome orixinal | (uk) Мирослав Михайлович Слабошпицький |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de outubro de 1974 (50 anos) Kíiv, Ucraína |
Educación | Universidade Nacional de Teatro, Cinema e Televisión de Kíiv |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine |
Ocupación | realizador, produtor de cinema, director de cinema, guionista, actor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarSlaboshpytskyi é fillo do escritor ucraíno e crítico literario Mykhailo Slaboshpytskyi. Até 1982 viviu en Lviv.
Slaboshpytskyi graduouse na Universidade Nacional de Teatro, Cine, e Televisión de Kíiv centrándose na dirección de cine e televisión. Traballou como reporteiro e escribiu guións para cine e televisión. A comezos da década de 1990 traballou nos Estudios de cine Dovzhenko.
Desde o ano 2000 é membro da Asociación ucraína de Cineastas. Foi vicepresidente da Asociación de Xoves Cineastas de Ucraína.
En 2006 rodou a súa primeira curtametraxe Жах (O incidente), seleccionado en festivais de dezasete países.[1]
A súa segunda curtametraxe Діагноз (Diagnose) competiu polo Oso de Ouro na Berlinale en 2009, e ó ano seguinte o director foi seleccionado novamente pola súa curta Глухота (Sordeira).[1]
En 2014 Slaboshpytskyi deuse a coñecer coa súa película “A Tribo” que se estreou no Festival de Cine de Cannes. A película está feita completamente en lingua de signos ucraína sen subtitulos. Gañou o Gran Premio Nespresso, así como o Premio para Visionarios de Francia 4 e o Premio de Apoio á Distribución da Fundación Gan na sección da Semana Internacional da Crítica no Festival de Cannes de 2014.
O 24 de outubro de 2018 deuse a coñecer que Myroslav Slaboshpytskyi foi escollido para dirixir a película Tigre. A película está baseada no libro de non ficción de 2010 de John Vaillant. Focus adquiriu os dereitos do libro en 2010 e a, comezos do proxecto, considerouse como un traballo para participación de Brad Pitt coa dirección de Darren Aronofsky. Ao final os dous decidiron ficar como produtores e deixar a dirección a Slaboshpystskyi.[2]
Películas
editarComo director
editar- 2006 : Жах (O Incidente, curtametraxe)
- 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)
- 2010 : Глухота (Sordeira, curtametraxe)
- 2010 : Мудаки. Арабески, (Mudaki. Arábica, curtametraxe)
- 2012 : Ядерні відходи (Lixo nuclear, curtametraxe)
- 2012 : Україно, goodbye!, (Ucraína, adeus!, curtametraxe)
- 2014 : Плем'я (A Tribo)
- TBA : Luxembourg (Luxemburgo)
Como guionista
editar- 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)
- 2010 : Глухота (Sordeira, curtametraxe)
- 2012 : Ядерні відходи (Lixo nuclear, curtametraxe)
- 2014 : Плем'я (A Tribo)
- TBA : Luxembourg (Luxemburgo)
Como produtor
editar- 2006 : Жах (O Incidente, curtametraxe)
- 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)
Como decorador
editar- 2006 : Жах (O Incidente, curtametraxe)
Como editor
editar- 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)
Como actor
editar- 1995 : Сторож (O Garda, curtametraxe)
- 1999 : Поет та княжна (O poeta e a princesa)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Un film ukrainien primé au Festival de Cannes". La France en Ukraine. 23 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2014.
- ↑ ‘The Tribe’ Director to Helm ‘Tiger’ For Focus (EXCLUSIVE)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Myroslav Slaboshpytskyi |