Myosotis alpestris

especie de planta

A Myosotis alpestris é unha especie de planta herbácea da familia Boraginaceae e do xénero Myosotis.

Descrición editar

A Myosotis alpestris mide de 5 a 30 cm de altura. Ten follas de elípticas a oblongas-lanceoladas, os talos van diminuíndo gradualmente a un pecíolo.[1]

Os mericarpos, de 2 a 2,5 mm de lonxitude, son máis anchos no centro. Esta planta de flores azuis florece de xuño a agosto.[2]

Taxonomía editar

Myosotis alpestris foi descrita por F.W.Schmidt en 1794.[2]

Etimoloxía

Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.[3]

Distribución e hábitat editar

A planta é orixinaria da Asia temperá e Europa.[4]

Frecuente no sotobosque dos bosques de faias e abetos, pradrías finas, pedregais estabilizados, pastos finos dos Alpes, do sur do Jura e dos Pireneos. Altitudes: 1 400 a 3 100 metros, nas montañas do sur de Europa.[2]

Esta planta resistente necesita un abastecemento importante de auga[5] que provén do derretemento da neve e tolera temperaturas moi baixas, ata −25.[2]

 
Parte superior dunha inflorescencia de Myosotis alpestris.

Confusión editar

A Myosotis alpestris pode confundirse facilmente con:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar